As obras de reforma de espazos e mellora da gardería de Torneiros, vencellada a rede “Galiña Azul” da Xunta de Galicia, están prácticamente rematadas como hoxe comprobou unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure.
O concelleiro, David Alonso e Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes comprobaron esta mañán as oito novas máquinas instaladas no ximnasio do Pavillón Municipal de Porriño. A estrea realizaráse o vindeiro luns 2 de setembro. O Concello de Porriño ven de investir 18.000 € na adquisición destas máquinas e diverso material deportivo para os usuarios destas instalacións.O concelleiro de Deportes indicou que as catro máquinas que se retiran serán cedidas a diversos clubs da vila.
Este mediodía firmouse a convocatoria para celebrar o vindeiro luns 2 Comisión Municipal de Economía, Fazenda e Persoal para informar os asuntos que van ó pleno que celebrará a corporación local o vindeiro mércores 4. A Comisión celebraráse ás 19 horas e deberá informar dos 4 asuntos que van ó pleno extraordinario que instara o Partido Popular. Son os seguintes: 1)Determinación e retribucións dos membros do goberno municipal en rexime de adicación exclusiva ou parcial.2)Expediente 2870/2019. Modificación de drédito extraordinario 3/20193)Moción do grupo EU Son que prantexa cambio de dirección da rúa SalgueiraE 4)Moción do grupo municipal do PP relativa á adhesión ó Pacto para o Cambio Climático. Lembramos que cada Comisión Informativa está formada por 9 concelleiros: 4 do PP; 2 do PSOE; BNG, 1; EU Son, 1 e Grupo Mixto, 1.
A mellora do valado e peche perimetral e a ampliación da sinalización de perigo xa remataron conforme o acordo acadado polo Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curiosos ás canteiras.
No ámbito da programación cultural do Concello do Porriño para o mes de agosto, este xoves 29 haberá un espectáculo de animación infantil. Ás 19 horas, no esceario habilitado na praza Arquitecto Antonio Palacios representaráse a obra "A illa sen tesouro".A posta en escea correrá a cargo da compañía Teatro Ghazafelhos.
A Alcaldía de Porriño ordenou a desconvocatoria do pleno da Corporación Local que ía celebrarse ás 18 horas. Tratabase dunha sesión ordinaria cuia orde do día era básicamente a mesma do pleno que ía celebrarse o pasado 30 de xullo e que tamén houbo que desconvocar.
Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade atende a queixa recente formulada polo Concello de Porriño por unha descortesía institucional cos representantes dos veciños. En consecuencia o gabinete do Conselleiro comunicou hoxe ó Concello de Porriño que cita á alcaldesa Eva García de la Torre o vindeiro martes 3 de setembro ás 11 horas, para que acuda a Santiago a firmar, de novo, o convenio de cesión da parcela para ampliar o Centro de Saúde.
A maioría da Corporación Local do Porriño derrotou ó PP no pleno extraordinario pedido pola oposición votando en contra da urxencia de cada un dos tres asuntos que figuraba na orde do día. Como ningún deses tres asuntos pasaron previamente polas comisións municipais informativas, o propio pleno tiña que votar un por un a urxencia ou non do seu debate e aprobación. A votación de cada asunto rexistrou un empate a 8. Por unha banda votaron PSOE (4), BNG (2), EU Son (1) e Manuel Carrera (faltaba Pedro Ocampo) e pola outra os 8 votos do Partido Popular. En caso de empate decide o voto de calidade da alcaldía que nos tres casos determinou a non urxencia.
Eva García de la Torre, alcaldesa de O Porriño e Manuel Alejandro Lorenzo, voceiro municipal do PP acordaron hoxe evitar unha duplicidade de plenos para tratar dos mesmos asuntos e concentrar nunha única sesión que se vai celebrar o vindeiro mércores 26. De tal xeito que o xefe da oposición retirará a petición doutro pleno extraordinario que tiña solicitado. Tratase de evitar a celebración de tres plenos da Corporación nunha marxe de poucos días.
Operarios da firma "Ascan", concesionaria do servizo de limpeza viaria executan esta mañán o desbroce nas beirarrúas da recta das Gándaras, seguindo instruccións do concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal.
David Alonso, acompañado de encargados municipales de obras, revisou no campo de céspede sintético de San Campio, diversas obras de mellora ante o inminente inicio liguero.