Están preto as vacacións escolares do Entroido e a concellería de Igualdade, que dirixe Carolina González, aposta un ano máis por facilitarlle ás familias un recurso que lles permita conciliar a vida familiar e laboral. Tal e como explicou a edil con este campamento “non só se facilita a conciliación, tamén se ofrece aos rapaces e rapazas de entre 3 e 14 anos (ambos inclusive) un lugar onde compartir as súas inquedanzas, experiencias e habilidades ao tempo que se fomentan entre eles valores de respecto, solidariedade, igualdade, a importancia da capacidade de escoita e de xestionar situacións de conflicto.”
O Concello Do Porriño acolleu onte o acto de entrega dos premios ás/os gañadores/as da Ruta de pinchos e tapas `D·Gusta Porriño 2023´, organizada por Ahospor en colaboración co Concello do Porriño.
Hard GZ, Maka, Maikel Delacalle e Pignoise serán algún dos artistas que se suman ao cartel do Negrita Music Festival , que se celebrará no Porriño os días 13 e 14 de setembro.
O Porriño acolle unha nova edición, e xa van tres, das xornadas para familias e profesionais Acompañando na aventura de crecer, impulsadas pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Municipal.
O Concello do Porriño avanza no deseño da súa axenda urbana, un marco de referencia para a planificación estratéxica do Porriño dos próximos anos. Esta inclúe unha diagnose da situación actual, que permitirá identificar e definir as necesidades do municipio e os principais retos a afrontar permitirá acceder de forma máis eficaz e competitiva á financiación precisa.
O Concello do Porriño, a través das concellerías de Medio Ambiente e Limpeza, levará a cabo ao longo deste ano unha campaña informativa para dar a coñecer á veciñanza a nova Lei de Residuos, a implantación e uso do novo colector marrón e outros recursos para a reciclaxe.
O alumnado do CPR Santo Tomás participa estes días nas actividades sobre compostaxe enmarcadas no programa “Ponte a Zero”, impulsado pola Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello do Porriño.
Escolares do CEIP Xosé Fernández López, CEIPP Antonio Palacios e CPR Hermanos Quiroga inauguraron hoxe as visitas guiadas á Casa Consistorial nas que participarán preto de 400 cativos/as do Porriño.A Concellería de Educación e Normalización Lingüística e a OMIX organizan esta actividade en colaboración cos centros educativos co obxectivo de que o alumnado coñeza un pouco máis o funcionamento da Casa Consistorial, á vez que se dinamiza a lingua e cultura galegas. A técnica de Normalización Lingüística do Concello do Porriño, Andrea González, será nesta ocasión a encargada de guiar o alumnado polo edificio do Concello para dar a coñecer a súa historia, as distintas salas e espazos, o organigrama dos departamentos en que se organiza e, ao cabo, o seu funcionamento interno. O emprego de léxico administrativo galego, así como o desenvolvemento dun pequeño glosario galego-castelán de termos cotiáns dun concello, fan que as visitas guiadas deste ano teñan a lingua galega como o elemento catalizador. Deste xeito, as nenas e nenos do Porriño percorrerán os corredores das dependencias municipais, entrarán no salón de plenos, na alcaldía ou no balcón dende o que tradicionalmente se pregoa o inicio do Entroido, das festas do Cristo…, á vez que coñecen a importancia da lingua nunha Administración pública e o funcionamento do Servizo de Normalización Lingüística.A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Carolina González, explicou que con esta iniciativa de portas abertas dirixida aos/ás escolares do municipio “pretendemos darlles a coñecer en profundidade o Concello para que tomen conciencia da importancia de participar na vida municipal, á vez que dinamizamos o uso da lingua galega nun grupo de idade que non adoita usala miúdo”.Pola súa banda, o alcalde, Alejandro Lorenzo, aproveitou a visita para preguntar aos/ás pequenos/as polas súas demandas e impresións, e tamén para contestar ás súas dúbidas sobre como funciona o Concello. “É un luxo recibilos e escoitalos, as súas propostas, a súa opinión sobre o que pasa no seu pobo e o que queren para el é e debe ser moi importante”, explicou o rexedor, “Son parte moi importante do Porriño, o seu futuro, e deben ser parte activa, na maior medida posible, da vida municipal”.
O Concello do Porriño ten o pracer de anunciar que este ano, os usuarios de Afaga, entidade sen ánimo de lucro dedicada ao apoio de persoas maiores con deterioro cognitivo, especialmente relacionado co Alzheimer, serán os pregoeiros do Entroido.
O Porriño dará a benvida este mércores á tempada de Nadal co acendido do seu alumeado. A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá a partir dos 17 h varias actividades para festexar por todo o alto o arranque do Nadal.