O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Comercio, Rosa Isabel Alonso, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez, presentaron hoxe a XXIX edición da Feira de Oportunidades “Merca na Rúa”.
O Concello do Porriño presentou hoxe a súa programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller, con actividades de visibilización sobre o papel das mulleres en diversos ámbitos e a relevancia de seguir reivindicando unha igualdade real e efectiva.
Esta fin de semana disputarase na vila do Louro a primeira proba en Galicia do Campionato Legend patrocinado pola marca SRC, que será puntuable por primeira vez para o European RallySlot Legend. Unha proba que discorrerá esta fin de semana, o venres 1 e o sábado 2 de marzo, organizada polo Slot Club Porriño en colaboración co Concello do Porriño.
O Concello do Porriño invertirá máis de 1 M de euros na conexión integral da parroquia de Budiño. Ás obras de extensión da rede no Picouzo, que dará servizo a 29 vivendas e ao colexio, sumaranse as dos barrios de Benunes, Eiriz, Rozadas, e parte da Vacaría e Mantelle.
O Centro Cultural acollerá o 7 de marzo unha charla informativa sobre o documento de instrucións previas organizada polo Centro de Saúde do Porriño coa colaboración do Concello.
A rede municipal de saneamento do Porriño conecta novas vivendas na parroquia de Cans. Trátase concretamente do núcleo de A Droza, no que se están a executar as obras de mellora do saneamento de fecais que permitirán conectar 9 vivendas que ata o de agora non disponen de acceso a este servizo.
A Xunta Local de Seguridade do Porriño, na que se atopan representados todos os corpos de seguridade que actúan no municipio, reuníuse onte para abordar de maneira conxunta diversos temas relacionados coa seguridade.
O Plan Integrado de Emprego do Porriño xa está en marcha cun obxectivo moi claro: mellorar a ocupabilidade e a promover a inserción laboral dun centenar de porriñeses/as.
O Concello do Porriño fixo públicas hoxe as novas datas nas que se desenvolverá a programación do Entroido que foi aprazada polo mal tempo. As comparsas volverán percorrer as rúas da vila o 24 de febreiro, cando retomaremos toda a programación.