Q55A8538.jpg
A piques de abrir as súas portas a cafetería LUME, un espazo de inclusión e encontro
O Porriño acolleu hoxe a presentación dun proxecto pioneiro en Galicia impulsado por Aceesca Asociación en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello do Porriño: o programa de Formación Dual de hostalería para persoas con diversidade intelectual.
Entroido2.jpg
Retomamos o Entroido co desfile de comparsas do martes
O tempo comeza a dar unha tregua e no Porriño aproveitan para retomar o seu Entroido. Tras coordinarse coas diferentes comparsas, a concellería de Cultura, que dirixe Bienvenido Estévez, acordou celebrar mañá o desfile de Entroido no que están confirmadas 18 comparsas, máis de 1600 participantes nas rúas da vila.
Q55A8449.jpg
Minuto de silencio en homenaxe aos gardas civís falecidos en Cádiz
O Porriño garda un minuto de silencio en solidariedade e apoio ás familias dos dous Gardas Civís falecidos en Cádiz e en recoñecemento ao labor que realizan os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.
Contratacion-Persoal.jpg
O Porriño sumará 17 traballadores ao seu cadro de persoal
O Concello do Porriño sumará a 17 novos/as traballadores/as ao seu cadro de persoal no marco do Plan  +Provincia da Deputación de Pontevedra.
PRAZA-DE-ABASTOS.jpg
Comezan as obras que transformarán a praza de abastos
A actividade da praza desenvolverase nunha carpa instalada no exterior durante a execución das obras
WhatsApp-Image-2024-02-09-at-12.07.08.jpg
Aprázase o Entroido polo mal tempo
O mal tempo non dá tregua e as previsións meteorolóxicas para os próximos días ameazan ao Entroido. Co fin de poder disfrutar das actividades programadas por todo o alto, o Concello do Porriño acordou aprazar a programación do Entroido para esta semana.
Campamento-de-entroido_2024.jpg
PUBLICADA A LISTAXE DE ADMITIDOS/AS NO CAMPAMENTO DE ENTROIDO
O vindeiro 12 de febreiro comenzará o Campamento de Entroido para os e as máis pequenas da casa ; e como ben sendo costume, o mesmo desenvolverase no C.E.I.P Plurilingüe Xosé Fernández López e instalacións municipais
271272299_2739161153052759_1843972520216587022_n.jpg
A unidade móbil de ADOS volve esta semana ao Porriño
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue volve ao Porriño esta semana. Será o venres 9 de febreiro, de 10 a 14:30 h e de 16 a 21 h,  e o sábado 10 de febreiro, de 10 a 15 h. Situarase na súa ubicación habitual na avda. Domingo Bueno, xunto ao Centro Cultural.
421991704_789590999867135_4073187633967373572_n.jpg
Lonza Biologics dona 10.000 mascarillas ao Concello para distribuír a entidades sociais
A empresa Lonza Biologics, con sede no Porriño, doou ao Concello do Porriño 10.000 mascarillas quirúrxicas para entregar a entidades sociais da contorna. A biotecnolóxica quere contribuir con este xesto a recoñecer o importante labor social que desenvolven estes entes e a súa inestimable contribución á sociedade porriñesa.
424685770_905922894869226_7989698170456673348_n.jpg
Luces, música, acción: arranca unha semana de Entroido no Porriño
No Porriño xa está todo listo para dar a benvida ao Entroido e desta vez dunha maneira moi especial: co acendido das primeiras Luces de Entroido que dará paso a unha semana de festas con propostas para todas as idades, música, animación moita cor e ritmo. Será mañá ás 19 h na praza Arquitecto Antonio Palacios e os encargados de premer o botón que acenderá a vila serán os nenos e nenas gañadores do III Concurso de Carteis de Nadal, Carmen –a autora do cartel do Entroido 24-, Lucas, Xiana, Mara, Carla, Naira, Xabier, Johan e Icía. Mara, en nome de todos os seus compañeiros e compañeiras convidou a “todo o mundo a acompañarnos neste momento e dar benvida xuntos ao Entroido do Porriño”.
Atencion-a-emerxencias-en-centros-educativos.jpg
Persoal do Centro de Saúde do Porriño forma en primeiros auxilios ao profesorado dos centros educativos
O IES Pino Manso acolleu onte a última das charlas sobre primeiros auxilios dirixidas ao persoal dos centros educativos do municipio. Esta formación, impulsada pola concellería de Sanidade no marco do Plan de Saúde Local coa colaboración do Sergas a petición do profesorado, tivo unha grande aceptación e desenvolveuse en todos os centros educativos de primaria, secundaria e educación especial do Porriño.
d.jpg
O deseño de Carmen Sebastián ilustrará o Entroido do Porriño
O Entroido do Porriño xa ten cartel! O Concello deu a coñecer hoxe o cartel oficial do entroido porriñés deste ano. O deseño de Carmen Sebastián Díaz foi o elexido polo xurado do III Concurso Escolar de carteis do Entroido 2024. Carmen ten 8 anos e é alumna de segundo curso de primaria no colexio Hermanos Quiroga, e foi alí, rodeada dos seus compañeiros e compañeiras onde recibiu a noticia.