Yung Beef e Hard GZ encabezan o cartel do Negrita Music Festival do Porriño 2025

Esta terceira edición contará con 9 horas e música ininterrompida o vindeiro 6 de setembro 

O Porriño, 7 de agosto de 2025.- O Concello do Porriño presentou hoxe o cartel oficial da terceira edición do Negrita Music Festival, que se celebrará o sábado 6 de setembro. A xira española deste   festival escolleu O Porriño por terceiro ano consecutivo como única parada en Galicia, tras pasar por cidades como Santander e Barcelona.

A organización agarda superar os 10.000 asistentes que se reuniron na pasada edición, consolidando o evento como unha das citas musicais máis importantes do verán galego.

No cartel deste ano destacan dúas grandes figuras da música urbana:Yung Beef, referente do trap e o underground español, e Hard GZ, o artista vigués que volve a Porriño tras o seu rotundo éxito na pasada edición. Xunto a eles, actuarán Cyril Kamer e La Pantera, nomes en auxe na escena nacional, así como unha selección dos DJs máis destacados do momento: Alvama Ice, Xiyo & Fernandez, e tamén os galegos Groove Amigos e Traffic House, que repiten participación grazas á excelente resposta do público o ano pasado. Completa o cartel Galicia Army, poñendo en valor o talento local e rexional.

Serán máis de 9 horas de música ininterrompida, mesturando directos, electrónica urbana e unha posta en escena que promete sorprender. 

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia de fomentar e apoiar as expresións culturais contemporáneas na vila: "O Negrita Music Festival é unha aposta firme por dinamizar a cultura e a economía local, ademais de ofrecer aos nosos veciños unha experiencia única que sitúa O Porriño no mapa musical nacional e internacional."

Desde o Concello do Porriño seguimos a apostar por unha programación cultural diversa, actual e con proxección. A celebración do Negrita Music Festival non só achega á vila grandes nomes da música urbana, senón que tamén contribúe á dinamización económica, social e cultural do municipio.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.