Todo listo no Porriño para o Campionato Galego 3x3U17 en categoría masculina e feminina

Este domingo, 18 de maio, o Pavillón Polideportivo Municipal do Porriño converterase no escenario do Campionato Galego 3x3 U17, unha cita organizada pola Federación Galega de Baloncesto e o Porriño Baloncesto Base, que reunirá 18 equipos das categorías masculina e feminina nunha intensa xornada de competición e espectáculo deportivo.

O Porriño, 16 de maio de 2025.- Esta mañá celebrouse no Concello do Porriño a presentación oficial do Campionato Galego 3x3 U17, que se disputará este domingo, 18 de maio, no Pavillón Polideportivo Municipal. A cita, organizada pola Federación Galega de Baloncesto (FGB) e o Porriño Baloncesto Base (PBB), reunirá aos mellores clubs galegos das categorías masculina e feminina nun evento que se consolida como referente autonómico desta modalidade en auxe.

Na presentación participaron o alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, e a presidenta do Porriño Baloncesto Base, Icía Alcalde, acompañada de membros da directiva do club. Tamén asistiu como convidada especial a internacional Ainhoa Gervasini, xogadora da Selección Española 3x3 e actual integrante do Cadí La Seu da Liga Feminina 1, que se atopa adestrando estes días no propio pavillón porriñés.

Durante o acto, o alcalde Alejandro Lorenzo destacou: “Para O Porriño é un orgullo ser sede deste campionato galego. Supón un recoñecemento ao traballo que se vén facendo desde hai anos no deporte base, e moi especialmente no baloncesto. Estamos ante unha auténtica festa do deporte galego, que converterá ao noso concello no epicentro do baloncesto 3x3 durante toda a xornada dominical.”

O campionato contará coa participación de 18 equipos (12 masculinos e 6 femininos) e 72 xogadores e xogadoras, representando aos clubs máis destacados do baloncesto galego. A actividade desenvolverase desde as 10:20h ata as 19:00h, incluíndo a disputa das finais ás 18:15h (feminina) e 18:30h (masculina). Ao remate, terá lugar a entrega de trofeos coa presenza das autoridades locais e federativas.

Os dous finalistas de cada categoría obterán praza directa para o Campionato de España 3x3 U17, que se celebrará en Cuenca do 13 ao 15 de xuño, representando a Galicia no escenario nacional.

Foi o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, quen puxo en valor o crecemento desta disciplina e a elección do Porriño como sede: “O 3x3 é unha modalidade que está a medrar a pasos de xigante, tanto a nivel competitivo como no ámbito do espectáculo. Desde a Federación queremos impulsar este formato, achegalo aos concellos e promover competicións como esta, que permiten visualizar o talento da nosa mocidade e a capacidade organizativa dos clubs galegos. O Porriño é un exemplo de compromiso co deporte, e sabemos que será unha gran sede para este evento.”

A organización conta co apoio do Concello de O Porriño, a FGB, e a colaboración de entidades como Gadis, Eurobanan Galicia e Giga A Fitofort.

Dende o Concello faise un convite aberto a toda a veciñanza para asistir e desfrutar dunha xornada de deporte, espectáculo e convivencia ao redor do baloncesto.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos