Rosalía de Castro segue moi presente no Porriño

Máis de 300 mozos e mozas do Porriño reuníronse hoxe aos pés da casa consistorial para render tributo a Rosalía de Castro, unha muller referente non só na literatura galega senón tamén do feminismo e compromiso coas causas sociais.

No acto, organizado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de secundaria en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística do Concello do Porriño, participaron o IES Pino Manso, o IES Ribeira do Louro, o CPR Hermanos Quiroga e o CPR Santo Tomás.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, quixo mostrar o seu agradecemento a toda a comunidade educativa por facer posible este emotivo acto xa que “a mellor maneira de manter viva a figura de Rosalía é a través das/os nenas/os e mozos/as, ninguén mellor que elas/es para trasmitir o seu legado de liberdade, igualdade e amor pola nosa terra”. No mesmo sentido se manifestou a concelleira de Normalización Lingüística e Educación, Carolina González, quen destacou o “Caldo de Gloria” que disfrutaron este ano como un símbolo “que nos lembre que con case nada, somos quen de sobrevivir e ademais ser felices, que é o máis importante”.

A mañá estivo cargada de regueifas, da man de “Os Quinquilláns” e tamén de poesía e música, sen esquecer o remate de festa que o puxo unha cunquiña de “Caldo de Gloria” que degustaron xuntas/os na praza.

Verbas para Rosalía

Cada centro, ademais das súas actuacións, destacou no seu manifesto a importancia desta autora e de conmemorar este día. O CPR Hermanos Quiroga destacou o papel de Rosalía que para elas/es é “a voz dun pobo que ten fala de muller, feminina e feminista, a de todas as que levamos con orgullo na fronte unha estrela e no bico un cantar”. Un símbolo de “xustiza , é dor e é liberdade. Rosalía é todas e cada unha das que estamos e tamén das que non están. É cada recuncho deste país, é Ortegal e é o Miño. E é Cans, Atios, Torneiros, Budiño, Chenlo, Mosende e Pontellas e tamén é o Louro. Porque só aquelas voces que nos falan dende o máis fondo e con tanta verdade son quen de se alcumar a musa dos pobos”.

No mesmo sentido se manifestaron as/os alumnas/os do CPR Santo Tomás. “Ela é un exemplo en moitos aspectos: literario, moral e, por suposto, de superación e constancia. Rosalía viviu nunha sociedade patriarcal onde as mulleres parecían invisibles, ante isto? Seguiu, seguiu, seguiu e seguiu, ata que o conseguiu”, apuntaron, “Cabe valorar a súa valentía, xa que actuou como una auténtica heroína” e “con todas as complicacións que tivo, foi quen de facer rexurdir o galego”.

Pola súa banda, o IES Ribeira do Louro puxo en valor a loita social da autora. “Usou a súa perspectiva para facer denuncias do que vía, do mundo do que era espectadora. E fíxoo dende a súa ollada de muller. Púxolles voz ás que tiñan que cargar co peso da familia e dos traballos, ás que tiñan que renegar de ter unha vida propia porque a moral da época llo prohibía”, afirmaron, “Ela foi sensible ás penurias do pobo, sen oportunidades, sen formación, sen alimento suficiente. Ela soñaba con un outro mundo posible. Se queremos serlle leal, debemos seguir soñando e axindo, como ela fixo, para poder alcanzar o soño”.

Por último, dende a comunidade educativa do IES Pino Manso reflexionaron sobre a importancia da muller galega que tan ben puxo de manifesto Rosalía na súa obra. “Ela, observadora, sensible e afectada polos problemas que como muller padeceu e viu padecer, e cos que se solidarizou e denunciou ao longo da súa vida e da súa obra, puxo de manifesto a presenza pública das mulleres que sempre estaban pero que nunca aparecían” e puxeron en valor o papel das mulleres no Porriño, “Nós vivimos nun concello onde as mulleres traballan e traballaron sempre na casa, no campo ... ese era un traballo implícito na súa condición feminina pero tamén eran panadeiras, peixeiras, costureiras, ían no tranvía a Vigo a vender o leite e xa despois traballaban como operarias nas fábricas que se foron instalando no Porriño ( Zeltia, Frigolouro...) ou no comercio que se foi desenvolvendo . Todas elas axudaron a construír a vila que somos hoxe”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos