Rematan as obras de mellora en áreas de xogo e lecer en Cans, Torneiros, Mosende e Budiño

A intervención, cun orzamento total de 74.300 euros —dos cales 10.900 foron achegados con fondos propios e o resto a través do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra—, permitiu mellorar elementos de xogo, renovar pavimentos e valados, e instalar nova sinalización e equipamento.

O Porriño, 22 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño vén de completar un proxecto de mellora de espazos públicos que permitiu renovar cinco parques infantís e unha área biosaludable distribuídos por distintas parroquias do municipio. Cun investimento total de 74.300 euros —dos cales 10.900 foron achegados con fondos municipais e o resto a través do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra—, as actuacións supuxeron unha transformación significativa destes espazos de lecer, pensados para o disfrute das familias e especialmente da infancia.

“Trátase dunha intervención que responde ao noso compromiso coa mellora da calidade de vida da veciñanza, en particular dos máis pequenos. Os parques son lugares de encontro, de xogo e de aprendizaxe, polo que era prioritario garantir que sexan seguros, accesibles e ben equipados”, sinalou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

As obras incluíron a substitución de pavimentos por superficies amortecedoras, a reparación ou reposición de xogos deteriorados, a renovación de valados perimetrais e a instalación de novos elementos biosaludables. Ademais, colocáronse paneis informativos en cada área cos datos de uso, idades recomendadas e teléfonos de contacto para incidencias e urxencias.

As melloras leváronse a cabo en puntos repartidos polas parroquias de Cans, Torneiros, Mosende e Budiño. En Cans actuouse nos parques da Graña e do Río Couso, onde se renovaron os solos e se reubicaron algúns elementos de exercicio ao aire libre. En Torneiros, mellorouse o parque da Fase I coa reparación de xogos, renovación do peche e instalación de porterías antivandálicas, mentres que no parque do Alba se substituíron todos os elementos da área biosaludable.

No parque da Costeira, en Mosende, realizouse unha intervención completa que incluíu a renovación do valado, o acondicionamento do terreo e a colocación de céspede artificial. Finalmente, no parque da Forna, en Budiño, creouse unha nova área infantil cun deseño actualizado, xogos renovados e mellora da superficie e dos acabados.

Lorenzo destacou que esta actuación forma parte dunha estratexia máis ampla para mellorar o espazo público en todo o municipio: “Queremos que todos os nenos e nenas de O Porriño teñan acceso a áreas de xogo modernas, independemente da parroquia na que vivan. É unha cuestión de igualdade e de cohesión territorial, e seguiremos avanzando nesta liña nos vindeiros proxectos”.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.