As obras iniciadas hai unhas
semanas na Fase V de Torneiros están rematadas. A alcaldesa do Porriño, Eva
García de la Torre, visitou o lugar no que puido comprobar que o resultado das
mesmas.
Os traballos solucionaron “varios problemas graves de seguridade e
salobridade” que estaban a sufrir os veciños dun dos edificios desta
parroquia. A día de hoxe está impermeabilizada a terraza,os muros e
rehabilitouse a entrada ao garaxe.
Ao mesmo tempo, acometeuse a
eliminación de barreiras arquitectónicas, quitando escaleiras e desniveis,
creando ramplas e adaptando todos os elementos á normativa vixente de
accesibilidade.
As obras permitiron recuperar
as zonas de xardíns; mellorar o mobiliario urbano, instalar elementos de
protección, coma una varanda de aceiro inoxidábel.
García de la Torre lembra que o
estado da terraza era desastroso, había lousas soltas, co perigo que supuña
para os nenos que xogan aquí, a impermeabilización estaba esnaquizada, os
garaxes anegábanse os días que chove, a varanda que había sobre eles estaba
enferruxada e case solta e “as
filtracións ameazaban con causar problemas na propia estrutura do edificio”.
Nos vindieros días comezará
unha nova fase de actuacións no mesmo lugar coa colocación dun sistema de
alumeado en toda a área do inmoble e en cada un dos portais do mesmo.