Protección Civil do Porriño suma un novo vehículo ao seu parque móbil

Protección Civil do Porriño conta xa cun novo vehículo no seu parque móbil. O Concello do Porriño vén de adquirir, mediante un sistema de renting de 600 euros ao mes, un novo SUV para todo tipo de camiños que permitirá á agrupación de voluntarios mellorar a súa capacidade de resposta ante calquera emerxencia e a súa operatividade nas intervencións de prevención. 

O novo 4x4 súmase aos dous vehículos dos que xa dispoñen: unha pick up e unha furgoneta.

A agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño conta actualmente con máis de 30 efectivos, participando en máis de 2.300 operativos anuais. Estes inclúen a atención ás alertas do 112 en colaboración coa Policía Local e a Garda Civil, asistencia en accidentes de tráfico, incendios forestais, industriais e urbanos, accidentes laborais ou operativos de prevención en diferentes eventos.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Abel Estévez, fixeron hoxe entrega do vehículo a representantes da agrupación. Os responsables municipais non deixaron pasar a ocasión de agradecer “enormemente o labor que desenvolven, moitas veces queda nun segundo plano pero son esenciais para dar unha resposta rápida e eficaz ás emerxencias e tamén para poder levar a cabo moitos dos eventos deportivos e culturais que se desenvolven no Porriño”.

Un agradecemento que se ve reflectido na aportación municipal que recibe, xa que ademais da disposición deste vehículo, este ano consolidouse no orzamento o incremento na achega anual, que ascende a 40.000 euros . A maiores, o Concello do Porriño está a estudar xa varias melloras nas instalacións de base.  

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos