Programación cultural Xullo 2019: hoxe lectura dramatizada, mañá animación infantil e o venres, concerto musical

Este serán terá lugar unha sesión de lectura dramatizada da obra "Arquivos da Realidade", de Julio Fer e Francisco Oti. No escenario habilitado na praza do Concello, a partir das 21 horas. A cargo da escola de teatro Xerpo, dirixida por Irene Moreira.

Mañá xoves haberá unha sesión de animación infantil. A compañía "Troula Animación" representará a obra "Unha de piratas". As 18,30 horas, tamén no escenario habilitado na praza do Concello. A trama versa de dos piratas un tanto torpes que contan as súas aventuras en interacción cos nen@s  e realizando diversas habilidades malabares.

E finalmente o venres 5 está programado o concerto musical “Clave de Fado”. Tratase dun dos eventos previstos na programación cultural que organiza o Concello do Porriño coa colaboración da Deputación Provincial e a Xunta de Galicia a través de AGADIC e a Consellería de Cultura e Turismo.Terá lugar no mesmo escenario na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 22 horas.

“Clave de Fado” é un grupo independente de música que naceu hai unha década. Como o seu nome propón, a súa música está moi influída polo fado portugués que mesturan coa cantiga galega.

O longo da súa traxectoria o ano 2014 marca un antes e un despois pois gravaron o seu primeiro disco que chamaron “Xanelas”. Para iso tiveron que realizar unha campaña de crowfunding e acadaron recadar os cartos necesarios para se costear a edición de seu disco no que contaron coa participación de Uxía Senlle, Dani López, David Otomuro ou Sapoconcho, entre outros.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos