Presentado o "Pinchorriño 2021" que comezará o venres 5 con 27 establecementos participantes

A alcaldesa Eva García presidiu hoxe a presentación de "O Pinchorriño", a décimo quinta edición das xornadas de pinchos no Porriño que arrancarán o vindeiro venres día 5, coa participación de 27 establecementos.

“Haberá unha oferta de elaboracións moi variada e tamén haberá pinchos veganos”, explicou Noelia Conde, xerente da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor), organizadora do evento.

Noelia Conde informou de que en todos os establecementos participantes haberá uns trípticos informativos a disposición do público coa relación de pinchos e locais. O folleto tamén contén unha parte do cupón para selo con cada consumición. Con catro selos noutros tantos establecementos, o cupón cos datos persoais entrará no sorteo de catro vales de 100 euros cada un para consumir en comercios e hoteis locais.

Pola súa banda, José Manuel Fernández, presidente de "Ahospor" asegurou, en representación dos hostaleiros porriñeses, que "o regreso de Pinchorriño, como aconteceu coa recente edición da Festa dos Callos, supón a volta á normalidade despois de moito tempo. veces. difícil para este sector".

Por último, pechou a presentación a alcaldesa chamando á participación tanto de porriñeses como de veciños do resto de concellos da área metropolitana. "É o momento de cumprir co que nos dixemos durante a pandemia: volverémonos ver nos bares e volverémonos abrazar. Pois xa é hora de comezar a pasar páxina e volver a atoparnos nos bares tomando un viño e un pincho para volver á normalidade”, proclamou a alcaldesa.

Adxuntamos enlace coa relación de establecimentos participantes, as súas direcións e os pinchos que elaborarán

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria