Presentación de "A sombra das árbores", obra gañadora do "II Certame Roberto Vidal Bolaño"

Este mércores 13 de novembro terá lugar a presentación da obra gañadora do II Certame Roberto Vidal Bolaño para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €. A obra galardoada chamase "A sombra das árbores" e a súa autora é Ana Abad de Larriva.

A presentación celebraráse no Centro Cultural Municipal de O Porriño, a partir das 19 horas. Ademáis da autora asistirán a concelleira de Educación, Lourdes Moure; Francisco Castro, director de "Editorial Galaxia" e Raquel Castro, en representación do Instituto de Ensino Secundario "Ribeira do Louro".

O Concello de O Porriño sumouse a partir deste ano á organización do certame que convocaron o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinou coa gañadora do premio o correspondente contrato para a edición da obra galardoada que se presenta no Porriño.

No que atinxe á autora, Ana Abad de Larriva é titulada superior en Arte Dramática e licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve a súa investigación no eido da teoría teatral e publica artigos especializados en artes escénicas en diferentes medios, compaxinando o seu labor no campo da comunicación coa creación escénica e literaria, así como coa docencia.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos