Presentación da XXXI Feira Apícola PORRIÑO VOLTARA A SER A CAPITAL DO MEL DAS RIAS BAIXAS

A partir de mañán venres 22, Porriño torna a se converter na capital do mel coa celebración da XXXI edición da Feira Apícola Rias Baixas queterá lugar o sábado 23 na praza Arquitecto Palacios. A Feira estará complementada polas Xornadas Técnicas de Apicultura que albergará o Centro Cultural Municipal, tamén ó longo do sábado. E como limiar terá lugar o venres unha actividade didáctica cara ós máis pequenos. Este ano os protagonistas serán os alumnos e alumnas do CEIP Fernández López que terán oportunidade de facer unha degustación de diversos tipos de mel.Agrupación Apícola de Galicia, Asociación de Apicultores da provincia de Pontevedra e o CRIGP Mel de Galicia, organizadores da Feira, queren amosar de novo que "o mel galego, a pesar dos cambios económicos e sociais, segue a gozar dunha fortaleza e saúde envexables", según palabras de José María Seijo, presidente dos apicultores gallegos.Nesa mesma liña Esther Ordóñez apuntou que hoxendía hai en Galicia 3.500 apicultores e 176.000 colmenas rexistradas. “’Mel de Galicia’ é a denominación de orixe que tén máis colmenas adscritas, máis apicultores inscritos e que certifica máis producto cada ano". "Temos un posicionamiento importante e ainda estamos por medrar máis ata o punto de que os apicultores poidan vivir deesta actividade por que ata de agora supon unha renda complementaria”, engadiu a presidenta da Indicación Xeográfica “Mel de Galicia”.

Os voceiros presentes na rolda de prensa de presentación celebrada hoxe no Concello de Porriño amosaron o seu agradecemento ós concellos da bisbarra coma Porriño polo traballo para a eliminación de niños de velutinas. "Trátase dunha loita biolóxica na que estamos moi comprometidos", según indicou Lourdes Moure, concelleira de Seguridade.Precisamente nas xornadas técnicas que se celebrarán en paralelo ca Feira, farase especial fincapé na prevención e loita contra esas plagas que amenazan ó sector apícola

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos