Praza para todas as persoas preinscritas na Escola Municipal de Música

A listaxe das persoas admitidas na Escola Municipal de Música do Porriño para o curso 2024-2025 estará exposta desde mañá no Centro Cultural Municipal e na sede da Escola de Música, o edificio do Centro Cívico da rúa Domingo Bueno. Unha das grandes novidades deste curso é que se garantiza a praza a todas as persoas preinscritas e en todas as especialidades escollidas. As clases comezarán o 11 de setembro e é imprescindible ter formalizada a matrícula e o pago para poder asistir.

A vindeira semana, o martes 27 e o mércores 28 poderán formalizarse as matriculacións dos estudantes preinscritos. E o xoves 29, poderán matricularse todas aquelas persoas interesadas, pero que non chegaran a preinscribirse. Este ano, a Escola Municipal de Música do Porriño garante as prazas nas disciplinas escollidas para todas as persoas preinscritas, incluso naquelas máis demandadas, como piano ou guitarra, nas que outros anos as prazas eras limitadas. De feito, un tercio das preinscricións solicitaron piano (33,6%), seguido de guitarra (18,2%), violín (13,6%), canto (11,8%) e clarinete (11,8%). Outros dos instrumentos que se ensinan na Escola de Música son gaita, saxofón, percusión tradicional, percusión sinfónica, frauta traveseira, trompeta, violonchelo, trombón, trompa, tuba, bombardino, viola, oboe e fagot. 

O crecente interese pola gaita fai aumentar en medio día o horario dispoñible de clases, mentres que piano incrementa un día, de xeito que neste curso haberá 4 días para escoller as clases individuais desta disciplina. 

Como formalizar a matrícula na Escola Municipal de Música

Como ven sendo habitual á hora de escoller o horario das clases individuais, seguindo a orde da preinscrición, terán prioridade os alumnos/as matriculados en primeiro instrumento, logo os de segundo e, por último, os de terceiro instrumento. Nas listaxes que se expoñen, se dará día e hora para asistir a reunións de matriculación das especialidades escollidas, e nesas reunións se concretarán os horarios das clases individuais e se informará de calquera novidade deste curso. Recoméndase aos alumnos que leven preparadas varias opcións de horarios. Advírtese que cada estudante ten a súa hora de matrícula e, unha vez pase a súa quenda, perderá a prioridade na matriculación.

A Escola conta con distintas agrupacións musicais nas que as persoas interesadas en participar, se poderán anotar unha vez que empece o curso, como son a banda de música, a mini banda do Porriño (banda infantil), a orquestra de corda, o grupo de música tradicional, a coral infantil e coral polifónica de persoas adultas.

Na web do Concello do Porriño pódese consultar toda a información da Escola Municipal de Música e do curso 2024-2025

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria