PorriñOlimpiadas saúdables para os escolares

87 estudantes do Porriño participaron no último mes nas PorriñOlimpiadas Saudables, unhas xornadas de actividades encadradas dentro do Programa ACTIVA da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e organizadas pola Concellería de Sanidade do Concello do Porriño.

Brilé, fotografía e elaboración de cócteles sen alcol para fomentar o ocio saúdable

Este programa ten como obxectivo fomentar o ocio saudable entre os estudantes de terceiro de secundaria e de FP Básica dos centros participantes: CPR Hermanos Quiroga, IES Pino Manso, CPR Santo Tomás e IES Ribira do Louro. Os/as mozos/as de cada uno dos centros formaron  equipos que sumaron puntos ao longo das distintas fases. As actividades consistiron nun torneo de brilé, un concurso de fotografía e na preparación de cócteles sen alcol.

Os equipos foron sumando puntos para os seus centros e se batiron hoxe na última xornada no pavillón polideportivo municipal, onde o IES Pino Manso obtivo o primeiro lugar.

Valeria Dagraza, de Avada, coordinadora das PorriñOlimpiadas Saúdables declara que “se cumpliron os obxectivos do traballo en equipo e fomento do ocio saúdable, destacando a participación dos rapaces na elaboración dos seus propios cócteles”. Pola súa banda, a concelleira de Sanidade, Teresa Veloso mostrou a súa satisfación polo interés demostrado polos rapaces/as e o desenvolvemento da actividade.

O alcalde do Porriño, compartiu cos rapaces e rapazas un ratiño da actividade na súa xornada final e recabou as súas impresións. “É moi importante que interioricen que hai moitas opcións de lecer e cousas que facer para divertirse sen facerse dano, a diversión e o dano persoal non poden ir da man”, explicou o rexedor.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos