Porriño volverá a disfrutar ciclismo coa celebración da "Challenge Rías Baixas"

Este fin de semana Porriño volverá a respirar e disfrutar ciclismo coa celebración da "Challenge Rías Baixas" que se desenrolará entre o sábado 22 e o domingo 23. A proba, organizada polo club "Master da Louriña" cumprirá a súa terceira edición para categorías xuvenil e "master", homologada pola Federación Galega de Ciclismo e que patrocina o Concello do Porriño e tamén os concellos de Ponteareas e Mos.

A Challenge consta de tres etapas: a primeira, denominada "Gran Premio Ponteareas" é unha contra reloxo individual de 8 kilómetros que transcurrirá polo parque de Avisoureira, en Guláns. o sábado pola mañá. Pola tarde, a partir das 17 horas, disputaráse a segunda etapa, "Gran Premio de Mos", en liña, de 81 kilómetros. E o domingo 23 será a etapa final, Gran Premio do Porriño, de 85 kilómetros en liña. A saída neutralizada será a partir das 10,30, dende a Avenida Domingo Bueno. O pelotón partirá en dirección Tui pola estrada N-550. O final de etapa, previsto ó redor das 13 horas será ante o Palco de San Benito, na rúa Manuel Rodríguez.

Tanto a Challenge Rías Baixas así como a recente Xarotos Gran Fondo, a outra proba que organiza Master da Louriña, movilizan en total un milleiro de ciclistas de Galicia, Asturias, Castela e Norte de Portugal que converten Porriño no epicentro destes eventos.

Co gallo da presentación de ambas, celebrada hai días na praza do Concello, o presidente da Federación Galega de Ciclismo manifestaba que "valoramos moitísimo e agradecemos a colaboración dos concellos pola súa sensibilidade para co noso deporte”, sinalou Juan Carlos Múñiz, presidente federativo.Pola súa banda a alcaldesa Eva García manifestou a súa satisfacción “polo movemento económico, dinamización social e o ambiente que supoñen estes eventos deportivos para a hostelería e comercio de Porriño” que ademáis “volve a reinvidicase como O Concello do Deporte”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos