O Porriño reúne a súa Mesa Local Contra a Violencia de Xénero

A Mesa local contra a violencia de xénero do Porriño, na que se atopan representados todas os axentes que actúan no municipio, reuníuse hoxe para abordar de maneira conxunta diversos temas relacionados coa atención ás vítimas e a prevención da violencia machista.

A mesa, estivo presidida polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e integrada por representantes municipais das áreas de Igualdade e Servizos Sociais, Centro de Informaición á muller do Porriño, do Centro de Saúde, centros educativos, e os concelleiros de Seguridade Cidadá e Igualdade, Abel Estévez e Carolina González, respectivamente.  

Tamén estivo presente unha representación dos corpos e forzas de seguridade coa Policía Local do Porriño representada polo Inspector Principal Xefe, Daniel Rodríguez, o oficial,  Antonio Pereira, e a axente adscrita ao sistema Vioxén, Tania González. Por parte da Garda Civil asistiron o Capitán da Comandancia de Vigo,  Rafael Antonio Pereira, o Tenente Comandante do Posto do Porriño, Xoel Blas, o Cabo Primeiro Xefe do Equipo VIOGEN CIA, Damián Vilas, e Irene García, representante da EMUME. 

A coordinación entre profesionais e dos distintos recursos que toman parte no proceso de intervención con vítimas de violencia centrou a mesa de traballo, así como o análise pormenorizado da incidencia para detectar aqueles elementos que poidan provocar disfuncións e evaluouse a efectividade das intervencións.  Neste sentido, revisaronse as últimas cifras de denuncias, ordes de protección de vítimas e afastamento de agresores.

Todos coincidiron en que a loita contra a violencia machista e a súa erradicación pasa tamén pola optimización da prevención e a detección precoz, por facer un bo seguimento dos casos de alto risco e pola posta en marcha de estratexias de sensibilización a toda a poboación e tamén a sectores concretos. 

“Esta mesa é un instrumento de coordinación que nos permite adaptar os procedementos ás necesidades das vítimas e á realidade do Porriño”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, lembrando que “a loita contra a violencia machista é unha loita de todas e todos e non se poden escatimar esforzos”. O rexedor quixo agradecer a todos os implicados, persoal técnico, persoal sanitario, educadores, Policía Local e Garda Civil o seu “esforzo e compromiso”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria