O Porriño reforza a súa aposta por unhas Festas do Cristo sen barreiras

O Concello do Porriño quere reforzar a súa aposta pola inclusión cunhas Festas do Cristo sen barreiras e para todos e todas. Retomando a iniciativa do ano pasado, deseñáronse espazos e servizos que buscan garantir a participación de todas as persoas, independentemente da súa condición.

O `espazo´ sen ruído no recinto de atraccións, que o ano pasado se puxo en marcha un día, amplíase a todos os días das festas de 17:30 a 19:30. Este espazo está pensado especialmente para persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), quen a miúdo poden verse sobreestimuladas polo ruído e as multitudes. Ao ofrecer un ambiente tranquilo, búscase que poidan gozar das atraccións de maneira máis cómoda e pracenteira. Ademais, habilitarase un acceso independente para persoas con diversidade funcional, permitindo que poidan acceder ás atraccións sen necesidade de facer cola.

Outra gran novidade é a inclusión dunha intérprete en lingua de signos que acompañará á pregoeira, Juana da Cruz “Juaniña”  durante a lectura do pregón. Esta medida é un paso significativo cara á inclusión das persoas xordas, asegurando que poidan gozar plenamente deste momento tan especial e simbólico das festas.

Así mesmo, habilitarase un espazo reservado en todos os eventos e concertos para persoas con diversidade funcional, garantindo que todos teñan a oportunidade de gozar da música e as actividades programadas.

Controlarase nivel de ruído co obxectivo de minimizar as molestias á veciñanza. Nos días laborables, establecerase un límite de 90 decibeis ata a medianoite e 80 decibeis ata o peche. Nos festivos e vésperas de festivos, o límite será de 90 decibeis ata a 1:00 h e 80 decibeis ata o peche.

Ademais, desde a Concellería de Festexos mantén como nas dúas pasadas edicións, a súa determinación de que sexan unhas festas sen pirotecnia, para evitar tanto o estrés que supón aos animais como ás persoas con condicións de saúde que precisen dun ambiente tranquilo e libre de ruídos fortes.

“Estas festas son para todos e todas, son días de celebración e non queremos deixar a ninguén atrás”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Riguroso control das atraccións

O Concello do Porriño levou sempre un rigoroso control das atraccións que se instalan nas festas patronais, prestando os servizos de auditoría e inspección. Como novidade, non só se realizará unha revisión da montaxe antes de que abran ao público, senón que tamén se levarán a cabo inspeccións sorpresivas durante o tempo que estean en funcionamento, o que permitirá unha supervisión máis exhaustiva.

O servizo foi licitado este ano. Algo crucial xa que a seguridade dos usuarios e usuarias é a prioridade número un. Así, o Concello do Porriño busca non só cumprir coa normativa, senón asegurarse de que se pode disfrutar con tranquilidade dunhas festas nas que a seguridade e a diversión van da man.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria