Porriño, quinto concello de Galicia en converterse en Cidade Amiga das Persoas Maiores

Nun acto celebrado hoxe no salón de plenos do Concello, a concelleira de Educación, Lourdes Moure anunciou a incorporación de Porriño á rede de “Cidades Amigas dos Maiores”. A Organización Mundial da Saúde (OMS) concedeu este recoñecemento ao Porriño, que foi comunicado a semana pasada ao Concello.

Un recoñecemento que se demorou máis do esperado pero que finalmente foi confirmado desde a sede da OMS en Ginebra e pola secretaría xeral do IMSERSO que é o organismo encargado de coordinar e dinamizar esta rede en España, dependente do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

“Deste xeito, Porriño convértese nun dos cinco primeiros concellos de Galicia en formar parte desta rede e no segundo da provincia de Pontevedra, xunto con Baiona, así como Castrelo do Miño, Ourense e Santiago de Compostela", segundo anunciou a concelleira de Educación.

A misión da Rede é estimular e favorecer que as cidades e comunidades de todo o mundo sexan cada vez máis amigables coas persoas maiores. "Para O Porriño formar parte da Rede reflicte o compromiso do Concello para escoitar as necesidades da súa poboación de maior idade, avaliar e facer un seguimento da súa situación e traballar en colaboración coas persoas maiores en todos os ámbitos para crear contornas físicas e sociais amigables co envellecemento", manifestou a concelleira Moure.

Para finalizar a concelleira recalcou que "todas e cada unha das fases deste proxecto leváronse e levaranse a cabo  a través do traballo realizado desde a  OMIX e a Concellería de Educación  do Concello do Porriño".

No acto ao que asistiron invitados representacións de asociacións veciñais, culturais e entidades sociais do Porriño, tamén participou Rubén Varela, representante da firma “Atelier Social” que colabora co Concello no desenvolvemento da iniciativa. Segundo explicou, “continuando co exemplo xa recoñecido do Porriño como Cidade Amiga da Infancia que se visualiza na celebración anual dos plenos infantís e coa existencia dun consello da infancia e adolescencia, a idea é que os maiores de Porriño , tamén ter un diálogo instituído co Concello mediante procesos de participación comunitaria".

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos