"Porriño escapa das clásicas San Silvestres coa Carreira Nocturna de Reis", reivindicou o concelleiro de Deportes na presentación

A Carreira Nocturna de Reis que celebrará O Porriño o vindeiro 8 de xaneiro “é un concepto novo, fuximos das clásicas San Silvestres que se solapan a finais de ano e apostamos por unha proba orixinal”, dixo hoxe David Alonso, concelleiro de Deportes na presentación do evento.

Xunto ao concelleiro responsable, compareceron o alcalde accidental do Porriño, Pedro Pereira e o triatleta Gustavo Rodríguez, medalla de prata xunto a Héctor Catalá nos Xogos Parolímpicos de Toquio,  quen interveu como padriño da presentación.

Alonso Bargiela explicou as características do percorrido de 3 quilómetros, que parte da rúa Antonio Palacios, á altura do Instituto "Pino Manso" e remata en pendente fronte ao Pavillón Municipal de Deportes.

A partir de mañá mércores ábrese o prazo de inscrición, que se pode realizar "online" na páxina web www.carreirasgalegas.com, baixo o patrocinio da Federación Galega de Atletismo e coa colaboración do Club Atletismo Porriño.

O concelleiro de Deportes anunciou que todos os participantes deberán presentar, como requisito indispensable, o pasaporte de vacinación contra o Covid ou a proba negativa.

Gustavo Rodríguez agradeceu a súa elección como "cabeza visible deste evento" e expresou o seu desexo de que "as lesións evolucionen e permitan vir ao Porriño e facer algunha rodaxe ese 8 de xaneiro e gozar do ambiente da carreira que de seguro será un éxito”, afirmou o triatleta tudense, vinculado ao Porriño.

O alcalde accidental, Pedro Pereira considerou un éxito a decisión de David Alonso de trasladar a carreira a xaneiro e agradeceu a asistencia de Gustavo Rodríguez á presentación "porque é un reclamo para fomentar a participación tanto de afeccionados como de profesionais".

Pereira Fernández desexou prometeu que a evolución da actual sexta onda da pandemia non nos impide poder celebrala. "Estamos nunha situación sanitaria complicada e se houbese un aumento das restricións decidiríamos atrasar a data da celebración", indicou o alcalde accidental.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos