O Porriño celebra as súas Festas do Cristo cun mes repleto de actividades para todos os públicos

As Festas do Cristo do Porriño comezan este domingo coa carreira ciclista “A Nocturna 2024”, e rematan o 29 de setembro coa tradicional Festa dos Callos e a final do certame “Tes Talento?”. Serán 30 días con máis de 100 actividades para público de todas a idades e todos os gustos: actividades infantís e familiares, aeromodelismo, graffiti, monólogos, teatro, presentacións de clubs deportivos, carreiras a pé, de ciclismo e motos, flashmob, e moitos e diversos espectáculos musicais, incluidos os festivais Negrita, Louro Valley e o Montando Cristo, ademais das tradicionais verbenas.

Como xa se fixo público, a porriñesa Juana da Cruz “Juaniña” será a encargada de dar o pistoletazo de saída aos días grandes desde o balcón da Casa Consistorial coincidinndo co seu cen aniversario.

“Imos celebrar xuntos unhas Festas do Cristo para recordar sempre”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Este é un ano de celebración e no Porriño gústanos compartir, gústanos vivir o noso pobo e festexar xuntos.  O obxectivo é que a ledicia anegue toda a nosa vila”.

Na programación relixiosa salienta a misa solemne e a procesión do Santísimo Cristo da Agonía, o domingo 22 de setembro, nas que participarán a Coral Polifónica da Escola Municipal de Música, a Banda de Guerra da Brilat, a Escuadra de Gastadores, a Banda de Gaitas Os Coribantes e María Vidal.

Actividades infantís e familiares

A cativada e as familias poderán gozar dunha longa lista de actividades, que inclúen inchables, festa da escuma, circo, espectáculos de contacontos e maxia, concertos e un obradoiro musical impartido polo músico porriñés Pancho Álvarez. O Mago Teto, a Compañía Circo Chosco, María Faltri Picadiscos, Maison ou La Compañía Fantástica son algúns dos artistas que entreterán e sacarán o mellor sorriso aos máis pequenos da casa.

Actividades e exhibicións deportivas

Este fin de semana terán lugar dous dos acontecementos deportivos máis esperados das Festas do Cristo: a tradicional carreira ciclista A Nocturna, o sábado 31 de agosto; e a XII Milla Porriñesa o 14 setembro, a carreira a pé con diversas distancias para que poidan participar persoas de tódalas idades e condicións físicas. O motores das motocross volverán resoar na Dirt-Track Xacob Agra na súa XVII edición. Hai tamén espazo para outras disciplinas como o Torneo de Padel (2-15), Torneo de Tenis (21), Torneo de Fútbol Jonathan Vila (14-15).

Como ven sendo habitual nos últimos anos, a pista de aeromodelismo de Pontellas acollerá exhibicións deste deporte os días 7 e 8 de setembro. Asimesmo, os clubs deportivos farán o propio durante todo o mes para presentar as actividades deste curso, con pequenos partidos ou exihibicións, dependendo das disciplinas, na praza do Arquitecto Antonio Palacios.

A Festa Ciclista do día 29, na que participa xente de tódalas idades, pechará as actividades deportivas ligadas ás Festas do Cristo.

A música, a gran protagonista das actividades culturais

Nas festas do Cristo do Porriño haberá moitos espectáculos musicais, para grandes e novos, de diferentes estilos. No prazo dunhas poucas semanas O Porriño converterase na capital galega dos festivais, albergando a figuras da música urbana como JC Reyes, Maka ou Pignoise, no Negrita Festival os días 13 e 14; DJs aínda por facer públicos no Louro Valley, o sábado 21; e grupos rockeiros, que se desvelarán próximamente, no Montando Cristo o sábado 28 de setembro.

Os/as amantes das verbenas poderán gozar coas orquestras xa asiduas na vila, como El Combo Dominicano, Gran Parada, Panorama, Orquesta Royal ou o Grupo América de Vigo, entre outras.

DoRoxo Presbiçian, As Fillas de Cassandra e o grupo folk Milladoiro, que está a celebrar o seu 45 aniversario, deleitarán aos porriñeses/as e visitantes con sendos concertos os días 7, 20 e 21 de setembro respectivamente.

O último día de festexos, o domingo 29 de setembro, terá lugar a final do concurso “Novos talentos musicais val da Louriña 2024. Tes Talento?”; un certame para dar a coñecer a artistas afeccionados, e no que en edicións anteriores saliantaron figuras como Noemí Fernández ou Antía Caride, compoñente da Girl’s Gang.

Durante todo setembro non faltará a música das corais, as bandas, as charangas, os grupos tradicionais e os pasarrúas, que amenizarán o centro urbano do Porriño no mes das súas festas grandes.

Á música, súmanse expectáculos de baile, batalla e flashmob, e varios monólogos dos actores e actrices Oswaldo Digón, Damián Alonso, Víctor Grande, Leti da Taberna, Arantxa Treus e Darío Mares.

Outras actividades

Volve o mercadillo outlet “Merca na rúa”, os días 6 e 7, una feria de oportunidades na rúa peonil na que participan diferentes comercios da vila e localidades veciñas.

A rúa Leandro Diz acollerá os días 7 e 8 a Liga Nacional de Graffiti, pensada para que persoas de todas as idades e gustos poidan disfrutar desta expresión de arte urbana.

A Festa dos Callos é o broche final das Festas do Cristo na vila do Louro. O domingo 29 a veciñanza e tódolos visitantes poderán gozar desta festa gastronómica que chega xa á súa XXXI edición.

Pódese consultar toda a programación en ecultura.net.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.