O Porriño acolle a final da Copa Galicia Feminina de Baloncesto

O pavillón municipal de deportes do Porriño será a sede dos eventos centrais da Copa Xunta de Galicia Feminina de Baloncesto, organizados pola Federación Galega de Baloncesto e o Porriño Baloncesto Base (PBB) coa colaboración da Concellería de Deportes do Porriño. Trátase dunha doble final, xa que nesta 37ª edición haberá unha final Sénior e outra específica para os equipos de Liga Feminina 2.

A presentación da Copa Galicia Feminina tivo lugar está mañá na Casa Consistorial, coa presencia de Alejandro Lorenzo, alcalde, Abel Estévez, concelleiro de Deportes, Julio Bernárdez Álvarez, presidente da Federación Galega de Baloncesto, Rafael Alonso Lago, membro da directiva do Porriño Baloncesto Base, e Carlos Álvarez, presidente do club de baloncesto feminino Celta Zorka Recalvi.

“Cando a Federación Galega se puxo en contacto para que organizáramos este evento, non o dudamos. Temos un club en Porriño que o está facendo moi ben e desde o Concello apoiamos enormemente o deporte feminino”, comenta Abel Estévez.

“No PBB estamos encantados de poder organizar esta competición. Gracias á Federación por ternos presente e darnos está visibilidade”, contesta Rafael Alonso Lago.

Carlos Álvarez, “a ver si temos sorte de poder chegar á final, a pesar de que estamos un pouco lesionadas”.

“O baloncesto feminino é empoderamento e un auténtico espectáculo”, Julio Bernárdez

“Este evento ten un interese especial. Desde a xunta de goberno da Federación, temos dous obxectivos claros: o desenvolvemento do deporte de base e o desenvolvemento do deporte feminino”, comenta Julio Bernárdez. “Xa estamos máis cerca da paridade, cun 36% de licencias femininas”, prosigue. “Somos unha das comunidades autónomas con máis presencia na Liga Endesa, con tres equipos. Quero agradecer a disposicón do concello de albergar este evento aquí, e cunha mención especial a Rafa e Icía e os demáis membros do PBB, porque vai ser unha competición organizada con moito coidado e amor, como é habitual neles”. “O baloncesto feminino é empoderamento e un auténtico espectáculo”, conclúe Bernárdez, salientando a que desde a Federación e os medios de comunicación estase facendo un esforzo por dar visibilidade ao deporte feminino.

Lorenzo declara que “é un luxo que se celebre a Copa Galicia no Porriño, o concello do deporte. O deporte feminino é o reflexo do deporte actual”. “O domingo podemos comer os callos a mediodía e logo imos todos a gozar do partido”, remata o rexidor.

Calendario de partidos

O venres 27 de setembro ás 18:00 h terá lugar a final da Copa Galicia Feminina LF2 entre os equipos Mariscos Antón Cortegada e Maristas Coruña.

Ás 20:00 h está prevista a segunda semifinal da Copa Galicia Sénior Feminina entre o Durán Maquinaria Ensino e o Celta Femxa Zorka. A primeira semifinal disputouse o pasado 12 de setembro en Potevedra, na que o Baxi Ferrol se impuso ao CB Arxil. Os partidos do venres serán retransmitidos en directo a través de FEGABA TV, a canle da Federación Galega de Baloncesto en YouTube.

As ferrolanas xogarán a Final coas vencedoras desta segunda semifinal o vindeiro domingo 29 ás 17:15 h, un partido que se emitirá en directo pola TVG. 

As entradas pódense adquirir na app Cluber por 5,18€ por día para persoas adultas. Tamén estarán á venda na entrada do pavillón antes dos partidos. Os menores de idade poderán entrar de balde.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria