O porriñés Ricardo Baz, cinturón negro de jiu jitsu, prepárase para o Campionato Europeo

Ricardo Baz Pereira, veciño de Atios, foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, na Casa Consistorial para falar de jiu jitsu e do seu recente salto á “faixa preta” (cinturón negro). O loitador estase preparando xa para o Campionato Europeo de Roma en outubro e o de Lisboa en xaneiro.

Na Federación Internacional de Jiu Jitsu Brasileño (IBJJF polas súas sigras en inglés) Baz Pereira ven de conseguir a faixa preta, a máxima categoría neste deporte no que leva uns 12 anos. “Sempre practiquei deportes de contacto, como full-contact, kick boxing e sobre o 2010 ou 2011 coñecín o mundo do grappling, jiu jitsu, a loita… E pouco a pouco fun deixando as outras artes marciais para estar de cheo no jiu-jitsu”, explica o loitador.

Baz Pereira, que xa fora subcampión de Europa no 2018 e bronce na categoría absoluta, busca agora repetir fazaña e incluso mellorala no campionato europeo que terá lugar en Roma os días 17 a 20 de octubre na especialidade “no-gi” (sen kimono), e no europeo da especialidade “gi” (con kimono) en Lisboa do 17 ao 25 de xaneiro.

Jiu Jitsu, o arte de saber defenderse

Esta arte marcial xaponesa foi popularizada en Brasil. Trátase dun deporte de combate corpo a corpo no chan, baseado na aplicación de técnicas de control, sumisión e estrangulamento para controlar ao opoñente e defenderse, independentemente da forza ou o tamaño do adversario.

“O jiu jitsu non se trata da forza que teñas, senon da técnica, por eso é moi recomendable como defensa persoal, especialmente para mulleres, porque te ensina a reducir a un home sen necesidade de golpear. Este deporte é bo tamén para nenos e nenas, porque ensina respecto, coidar aos seus compañeiros/as e opoñentes. O jiu jitsu é recomendable para todo o mundo”, comenta Baz Pereira.

“É un orgullo contar con deportistas de élite, como Ricardo, e desde o Concello do Porriño estaremos sempre apoiando o deporte e os valores que transmite”, salienta Alejandro Lorenzo.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos