Pontellas ganou o Concurso de Rondallas "Concello do Porriño".

MÁIS DE 2.000 PERSOAS SEGUIRON O CONCURSO A TRAVÉS DA RETRANSMISIÓN POR INTERNET

A Asociación Cultural Musical de Pontellas cunha valoración de 54,75 puntos gañou o II Concurso de Rondallas Concello do Porriño nuhna reñida disputa coas agrupacións de Mos que acadou 53 puntos e de Atios que recibiu unha valoración de 50 puntos.Os premios do concurso eran de 1.500 euros, para a primeira rondalla; 1.000 euros, para a segunda e 500 euros, para a terceira. Ademáis a rondalla gañadora terá que actuar un día a convir co Concello durante as festas de Nadal de 2020/2021 nas rúas do Porriño.

A alcaldesa Eva García, a concelleira de Cultura Cami Moreira e outros membros do goberno municipal presenciaron o evento. 

Neste II Concurso tomaron parte sete rondallas procedentes de Vigo, Tui, Mos e Porriño.Foron as seguintes e actuaron por esta orde:1- Rondalla do Centro Cultural de Torroso2- Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos3- Rondalla Mosteiro de Tui4- Rondalla do CSCR de Beade5- Rondalla Helios de Bembrive6- Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios7- Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas

O Pavillón 1 do Polideportivo Municipal de Deportes estivo ateigado con todas as localidades dispoñibles ocupadas (1.168 prazas). Namentres o Pavillón 2 destinouse ós compoñentes das rondallas para que poideran seguir as actuacións das diferentes agrupacións a través dunha pantalla xigante.Debido a que este ano decidiuse pola Concellería de Cultura que houbera aforo limitado para presenciar o Concurso de Rondallas para garantir a seguridade, o Concello contratou cunha empresa a retransmisión por “streaming” do certame que seguiron a través dunha canle de "Youtube" e a través da páxina web do departamento de Cultura do Concello. Segundo datos provisionais, 2087 persoas seguiron a retransmisión, das que ó redor de 400 o fixeron a través do visor que se habilitou na web ecultura.net do departamento de Culutra do Concello. 

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos