Pontellas

A parroquia é atravesada polo río Louro e o regato de Centeáns, hidrografía que lle concede á parroquia unha gran fertilidade e o seu propio nome, derivado da gran cantidade de pontes e pontellas que salvan o leito dos ríos.

Entre os monumentos de Pontellas destaca a súa igrexa parroquial, que está baixo a advocación do apóstolo Santiago.

Foi construída no ano 1600 e reedificada practicamente na súa totalidade en 1775.

Trátase dun edificio moi sobrio con planta de cruz latina e nave única.

Nesta parroquia atópanse edificios nobiliarios de grande importancia histórica. A Quinta do Adro está situada no barrio de Centeáns.

Foi fundada en 1479 e habitada ao longo dos séculos por diversas familias.

Trátase dun pazo en forma de L que impresiona pola súa falsa fachada pechada, rematada por pináculos e ameas.

 

Pontellas conta con dúas capelas. A de San Paio é quizais a máis antiga da parroquia, aínda que foi restaurada amplamente en 1901.

A capela de San Campio, reedificada en 1886 e ampliada en 1917, grazas ás achegas dos emigrantes en Brasil, conta con gran devoción popular.

Nela celébranse as festas, nas que os fieis recollen a suor do santo nun pano que, segundo se di, ten propiedades para curar a reuma.

O Pazo de Cadaval foi fundado no século XIV por don Vasco González de Cadaval. A antiga casa-fortaleza posuía dúas torres, contrafosos e troneiras, e foi destruída por Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido como Pedro Madruga.

Cos materiais daquel antigo pazo reconstruíuse o novo edificio en 1842, que aínda conserva unha impresionante torre que preside o conxunto. Existen tamén en Pontellas fermosos cruceiros, como os de Centeáns, Pousadela e San Campio, e muíños de auga.

Barrios: A Abelenda , A Arrotea, A Bouza, Cadaval, A Cantoña, Centeáns, Cochilra, A Igrexa, A Louriña, O Outeiro, A Pousadela, Quintela, Santo André e A Sé.

Advocación: Santiago

  Festas populares:

San Campio, terceiro domingo de xullo.

San Paio, domingo seguinte ao 5 de agosto.

pontellas_XG-1024x782.jpg
PONTELLAS. POLDRA DE BETATE Q55A2103.jpg
PONTELLAS. POLDRA DE PETATE Q55A5588.jpg
NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.