Policías, gardas civís e outros profesionais participan no curso sobre Violencia de Xénero no ámbito tecnolóxico que comezou hoxe en Porriño

Vintecinco profesionais entre gardas civís, policías nacionais e locais así como outros axentes que interveñen na atención ás víctimas inscribironse noutro dos cursos que promove o Concello de Porriño con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local de Porriño inaugurou este serán o curso denominado “Violencia de Xénero: ámbito xurídico e tecnolóxico forense". Adícase ó persoal dos Corpos e Forzas de Seguridade e profesionais que interveñen na atención e investigación desta casuística. O Inspector Xefe disculpou as ausencias tanto da alcaldesa coma da concelleira de Seguridade, xustificadas pola coincidencia horaria co pleno municipal extraordinario que celebraba esta tarde a corporación local de Porriño.

A primeira ponencia correu a cargo de Encarni Igrexas Pereira, presidenta de “Stop Violencia de Xénero Dixital” que informou sobre os tipos de violencia de xéneros que se atopan nas redes sociais e a través das tecnoloxías da comunicación.

Segundo explicou a persecución e castigo deste tipo de delitos “tropeza con dous inconvientes: a falta de preparación do persoal policial que tén que investigarlos e a diferenza de criterio dos xuices á hora de procesar ou non.

Encarni Igrexas engadiu que os formatos más habituais que se están a dar hoxe en día para a violencia de xénero dixital son o ciberacoso e o sexting ou sextorsión. “Dánse nas redes sociais coma Facebook, Snapchat ou Whatsapp de xeito masivo e a diario”, dixo.

No curso participarán nos vindeiros días dende responsables policiais ata profesionais do mundo de Dereito. Entre os relatores están anunciados Santiago Martínez, Oficial da Policía Local de Vigo; José Manuel Alonso Regueiro, xefe da Unidad de Atención á Familia e á Muller (UFAM) da Comisaría de Vigo, a maxistrada Belén Rubido, xuiza decana de Pontevedra e titular do Xulgado Penal nº 4 e Juan Sagredo, fiscal coordinador da área de Vigo.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos