SUSPENDENSE A FEIRA APÍCOLA, A MOSTRA DA CAMELIA E OUTROS EVENTOS PROGRAMADOS

A aplicación das medidas para evitar a propagación da pandemia do coronavirus “Covid-19” motiva unha vaga de suspensións e cancelacións de actos públicos, feiras e festas no Porriño.

Ademais de para evitar a concentración de persoas, moitos de eses eventos non poderían celebrarse tampouco pola decisión do Concello de pechar diversas instalacións municipais como Centro Cultural, Biblioteca, Centro Cívico e Escola de Música, segundo acordouse onte.

De tal xeito, a Concellería de Cultura, Igualdade e Festexos confirma que SE SUSPENDEN:

- A presentación do ‘spot’ publicitario “Insistir, persistir, resistir e nunca desistir” da campaña pola igualdade co gallo do 8M que estaba prevista hoxe no Centro Cultural Municipal

- O Encontro de Corais que organizaba a Polifónica San Brais de Budiño que ía ter lugar mañá sábado na Igrexa de Santa María do Porriño

- As Masterclass de Banda que estaban a impartirse nos mércores deste mes na Escola Municipal de Música do Porriño

- A XXXII Feira Apícola das Rías Baixas que debería celebrarse o vindeiro sábado 21 cancelándose tanto as xornadas técnicas como a instalación de postos de venda

- A IX Mostra da Camelia que organizaba a AAVV San Salvador de Torneiros e que por tanto non se celebrará nas datas anunciadas de 28 e 29 de marzo.

- Tamén cancelase a representación teatral “As aventuras de Nabiza Girl”, con Isabel Risco que estaba para o venres 27 no Centro Cultural Municipal

- O VIII Festival de Bandas do Porriño que estaba previsto para o sábado 28

- “Ecopercussión”: suspendense tanto os obradoiros para escolares nos centros do Porriño que estaban concertados nas dúas próximas semanas como a exhibición final que estaba datada para o luns 30 de marzo.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos