O Pleno aproba a licitación e o gasto para a construcción do novo auditorio cos votos a favor do goberno local

O pleno da corporación abordou hoxe varios puntos  de relevancia para o municipio.

En primeiro lugar, establecéronse os festivos locais para as seguintes datas: o venres 11 de xullo de 2025 celebraranse as Festas de San Benito, e o luns 29 de setembro de 2025 conmemoraranse as Festas do Cristo.

Ademais, o Pleno aprobou -cos votos a favor do goberno local, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG- o expediente de contratación da obra para a construción do novo auditorio, que contará cun orzamento de execución de 2.786.206,50 euros. Ao superar a inversión o 10% do orzamento, o proxecto tivo que ser sometido á aprobación do pleno e xa está en licitación.

Este novo espazo cultural non só enriquecerá a oferta cultural da vila, senón que permitirá levar a cabo actividades que ata o de agora non era posible acoller. Contará con 340 butacas, das cales 156 serán fixas e 184 de grada retráctil.  Este aspecto supuxo un incremento de 275.000 euros na previsión inicial, pero mellorará as posibilidades de uso notablemente.

Así mesmo, tívose en conta o acondicionamento acústico da sala, un aspecto fundamental para garantir a calidade dos eventos que levarán a cabo no novo auditorio. Este proxecto acústico, que foi unha cuestión prioritaria, redactouno unha empresa especializada no deseño de espazos acústicos de altas prestacións, o que resultou nun incremento adicional de 260.000 euros sobre a previsión inicial.

Como xa se anunciara, dispoñerá de dous baños adaptados e unha zona de camerinos completamente equipada vinculada co acceso ao escenario.  A estética do mesmo dialoga co edificio principal, onde se ubica na actualidade o Centro Cultural, con muros de formigón encofrados, acabados interiores de madeira de Okume e pedra granítica no exterior.

O salón de actos terá dous accesos, un desde a entrada do Centro Cultural Municipal e outro desde a rúa Xosé Fernández López, e contará cunha escaleira lateral de acceso á parte alta do auditorio, fundamental no caso de que estean as gradas recollidas.

O edificio contará tamén cun espazo exterior cuberto de usos múltiples vinculado ao auditorio actual do Centro Cultural no que se desenvolverán actos ao aire libre.

“O novo auditorio será pronto unha realidade”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Non son promesas, son feitos, xa que O Porriño non conta cun espazo cultural en condicións que atenda as súas necesidades”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos