A Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pon en marcha o Plan de Formación 2026, que amplía a súa oferta con un total de 27 cursos dirixidos a profesionais, voluntariado e mocidade.
Plan de
formación da Dirección Xeral de Xuventude 2026
A
Dirección Xeral de Xuventude presenta o Plan de Formación 2026 con 1.920 prazas
e novas áreas temáticas
A Dirección Xeral de
Xuventude, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pon en
marcha o Plan de Formación 2026, que amplía a súa oferta con un total de 27
cursos dirixidos a profesionais, voluntariado e mocidade.
O programa
inclúe 4 cursos
presenciais, 19 en liña e 4 en modalidade mixta, sumando 1.920 prazas dispoñibles.
A iniciativa comezou o pasado 16 de febreiro coa apertura da inscrición de
cinco cursos en liña centrados no voluntariado ambiental interxeracional. A
esta oferta inicial incorpóranse agora 12 cursos adicionais da área de voluntariado e 10 da área de xuventude.
Formación en voluntariado
Os cursos da área de
voluntariado teñen como obxectivo proporcionar coñecementos esenciais tanto ao
persoal técnico das entidades como ás persoas voluntarias. A programación
aborda contidos de formación básica en voluntariado, voluntariado ambiental,
uso da intelixencia artificial, educación emocional, habilidades sociais e
apoio psicosocial.
Formación en xuventude
A área de xuventude
ofrece accións formativas dirixidas a profesionais do lecer educativo e do
tempo libre, persoal técnico que traballa con mocidade e á propia xuventude.
Entre as temáticas destacan os deportes náuticos, a comunicación, a resolución
de conflitos, a aplicación da IA, a inclusión no lecer e a formación das
persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia.
Inscricións en dúas fases
Os formularios de
inscrición —un por curso— estarán dispoñibles no campus en liña da web de
Voluntariado (www.voluntariadogalego.org). Este ano, a
matrícula abrirase en dúas
fases diferenciadas:
· Cursos de marzo a xuño: inscrición dispoñible desde as 09:00 h do luns 9 de marzo.
· Cursos de setembro a decembro: inscrición activa desde as 09:00 h do luns 29 de xuño.
En ámbolos dous casos
os formularios de inscrición estarán abertos ata completar as prazas ofertadas
en cada un dos cursos.
Poderán participar
todas as persoas maiores de 16 anos interesadas en adquirir formación
especializada en acción voluntaria ou asociacionismo xuvenil, segundo os
requisitos específicos de cada curso. As prazas asignaranse por rigorosa orde
de inscrición.
| Plan de formación anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026 | |||||||
| Área | Título | Número de Prazas | Horas | Lugar de realización | Modalidade | Datas de realización e horarios | Persoas destinatarias |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental
interxeracional nas accións fronte ao cambio climático | 100 | 20 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 2 de marzo ao 2 de abril | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa
VAI |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental
interxeracional na prevención de residuos (VAPIR) | 100 | 25 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 16 de marzo ao 15 de abril | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa
VAI |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental
interxeracional na loita contra os incendios forestais | 100 | 20 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 23 de marzo ao 23 de abril | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa
VAI |
| Xuventude | Comunicación efectiva e bo
trato no tempo libre | 50 | 20 | Plataforma
de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 23 de marzo ao
13 de abril | Profesionais
do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa
mocidade |
| Xuventude | Formación para persoas
delegadas de protección da infancia e da adolescencia no ámbito do tempo
libre | 25 | 24 (20 en liña+4
presencial) | Plataforma
de teleformación de Voluntariado Galego + Centro Don Bosco Santiago | Mixto | Do
6 ao 27 de abril | Profesionais
do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa
mocidade |
| Voluntariado | Aplicación da intelixencia
artificial no ámbito do voluntariado | 100 | 24 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 7 de abril ao 7 de maio | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental
interxeracional en ríos (VAIR) | 100 | 25 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 15 de abril ao 15 de maio | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa
VAI |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental
interxeracional na defensa do coidado do litoral | 100 | 20 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 20 de abril ao 20 de maio | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa
VAI |
| Xuventude | Iniciación aos deportes
náuticos no eido do tempo libre: vela e windsurf | 15 | 60 | Albergue
Xuvenil As Sinas | Presencial | 30 de abril, 1, 2, 3, 8, 9 e 10 de maio | Mocidade
de 18 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre |
| Voluntariado | Actuacións do voluntariado na
rexeneración de montes queimados | 100 | 20 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 2 de maio ao 2 de xuño | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Educación emocional e xestión
de conflitos nos grupos de voluntariado | 100 | 25 (15 en liña+10
telepresencial) | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | Mixto | Do 4 de maio ao 4 de xuño | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Iniciación aos deportes náuticos
no eido do tempo libre: caiac e paddlesurf | 20 | 25 | Albergue
Xuvenil As Sinas | Presencial | 8, 9 e 10 de maio | Mocidade
de 18 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre |
| Xuventude | Formación para persoas
delegadas de protección da infancia e da adolescencia no ámbito do tempo
libre | 25 | 24 (20 en liña+4
presencial) | Plataforma
de teleformación de Voluntariado Galego + Centro Don Bosco Santiago | Mixto | Do 11 de maio ao 1 de xuño | Profesionais
do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa
mocidade |
| Voluntariado | Curso de voluntariado. Nivel
básico | 100 | 20 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 18 de maio ao 18 de xuño | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Atención e apoio psicosocial no
voluntariado | 100 | 30 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 25 de maio ao 25 de xuño | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Resolución de conflictos en
grupos xuvenís | 30 | 20 | Plataforma
de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 1 ao 22 de xuño | Profesionais
do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa
mocidade |
| Voluntariado | O desenvolvemento de
competencias socioemocionais na acción voluntaria | 25 | 12 | Centro
Coordinador de Información Xuvenil- Santiago de Compostela | Presencial | Do 8 ao 11 de xuño De 16:30h a 19:30h | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Oratoria. Como falar en público | 25 | 20 | Plataforma
de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 7 ao 28 de setembro | Mocidade
de 16 a 30 anos |
| Voluntariado | A participación como factor
clave no voluntariado: o desenvolvemento de procesos participativos dende a
acción voluntaria | 100 | 20 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 16 de setembro ao 16 de outubro | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Comunicación en lingua de
signos española. Nivel básico A1.1 | 30 | 30 | Plataforma
de teleformación de FAXPG | En liña | Do 17 de setembro ao 22 de outubro | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Voluntariado en catástrofes e
incidentes de múltiples vítimas | 100 | 30 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 21 de setembro ao 21 de outubro | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Intelixencia artificial ao
xeito: emprego directo e práctico | 50 | 20 | Plataforma
de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 28 de setembro ao 19 de outubro | Mocidade
de 16 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre |
| Voluntariado | Diversidade e inclusión nos
proxectos de voluntariado | 100 | 25 (15 en liña+10
telepresencial) | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | Mixto | Do 13 de outubro a 13 de novembro | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Inclusión no lecer educativo.
Recursos para a boa práctica | 100 | 20 | Plataforma
de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 19 de outubro ao 9 de novembro | Profesionais
do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa
mocidade |
| Voluntariado | Estratexias para a mellora do
autoconcepto e o desenvolvemento das nosas habilidades sociais na acción
voluntaria | 100 | 20 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 23 de outubro ao 23 de novembro | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Curso de voluntariado. Nivel de
especialización de carácter xenérico | 100 | 20 | Plataforma
de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 16 de novembro ao 16 de decembro | Preferentemente
persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de
Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Ferramentas de comunicación | 25 | 3 | Lugar
por determinar | Presencial | Datas por determinar | Mocidade
de 16 a 30 anos |