A piloto Sandra Vázquez, primeira muller de España en correr un Dirt Track

As Festas do Cristo do Porriño volven traer ruxido, velocidade e emoción ao velódromo municipal, que acollerá o XVII Dirt Track o vindeiro sábado 7 de setembro ás 21:00 horas. O Moto Club Papaya organiza este evento deportivo coa colaboración do Concello do Porriño e anuncia a participación da piloto Sandra Vázquez, no que será o primeiro Dirt Track de España no que corra unha muller.

A presentación do evento tivo lugar esta mañá na praza do Arquitecto Antonio Palacios e contou coa presenza do alcalde, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, o presidente do Moto Club Papaya, Joaquín Agra, e os pilotos Dani Suárez e Sandra Vázquez.

Sandra Vázquez: “Síntome máis gladiadora que nunca!”

A mosense amosa a súa gran emoción polo seu debut no Dirt Track que supón unha celebración á vida e un símbolo de superación: “Descubrín o enduro, unha paixon oculta, que, cando empezaba a disfrutar desta modalidade, diagnosticáronme un linfoma de Hodgkin que me tivo apartada das competicións durante dous anos. Pero a paixón que sinto pola moto, esa adrenalina que me fai sentir poderosa, axudoume moitísimo coa enfermidade. Chegaba á casa despois de poñer a quimio e subíame á moto... Pensaba que, coas miles de caídas e golpes, o granizo, o vento e o barro, era moito máis duro que a quimio. Así, con esa motivación, fun pasando o proceso da enfermidade. Agora que estou ben, é un pracer inmenso, unha emoción que non me cabe no peito, poder por fin competir no Dirt Track Xacob Agra, xa que as dúas últimas probas tocoume vivilas desde a barreira. Esta fin de semana é o  momento de facelo realidade sendo ademais a primeira muller de España en competir nesta disciplina, e na miña terra, ao ladiño da casa, onde poden vir todos os meus seres queridos e compartir toda esta ledicia con eles... Esto si que é un regalo. Imos disfrutalo todos, por todo o que pasei e pasaron eles conmigo. Os meus rivais este sábado son gladiadores, pero eu, agora si que si, síntome máis gladiadora que nunca!”, conta Vázquez. “Aínda que a miña disciplina é o enduro, as árbores e as montañas, collo con moita ilusión o cambio de aires por uns días e saír da miña zona de confort. Agradezo de corazón o apoio do meu mentor, Joaquín Agra, organizador desta carreira, que me acompañou durante todo este proceso”, continúa.

“Este é un evento moi esperado no Porriño, xa na axenda de todos, que esperamos o ruxido dos motores e vibrar con toda esa emoción da carreira. Vai ser, sen dúbida, unha noite grande para o motociclismo en Galicia. E estaremos aí apoiando e dando visibilidade a este deporte e aos seus protagonistas”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

A proba desenvolverase, como cada ano, en eliminatorias por grupos: clasificatorias, repescas, semifinais e finais. A Dirt Track do Porriño atrae pilotos e espectadores de toda Galicia e do norte de Portugal e xa casi están cubertas as 21 plazas ofertadas na proba para adultos. A proba infantil será unha exhibición. O ano pasado máis de 500 persoas acudiron ao velódromo a gozar do espectáculo.

“Teño moito respecto á moto na estrada”, confesa Vázquez. “No monte é distinto, estás ti soa coa natureza e o teu corpo vai moi protexido. Na estrada hai outros moitos factores que che poden por en perigo. Teño amigos que xa non están aquí…”

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.