A silicose volve a cobrarse a vida dun dos nosos. Esta fin de semana Juan Carlos Giráldez, presidente da Asociación de Afectados por Silicose Osilice Galicia deixábanos a causa desta enfermidade que nos arrebatou a tantas persoas no Porriño.
Un grupo de alumnas/os do CEIP Xosé Fernández López inaugurou hoxe as visitas guiadas á Casa Consistorial nas que participarán preto de 400 escolares do municipio.
O Consorcio de Augas do Louro, que preside Alejandro Lorenzo, vén de aprobar unha modificación orzamentaria para acometer inversións de carácter urxente por un importe total de 1.890.000 euros. O Comité Directivo aprobou este crédito extraordinario, financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais, co fin de levar a cabo obras e proxectos de saneamento e abastecemento nos catro concellos que integran a entidade.
Aceesca, asociación porriñesa centrada no apoio a persoas con diversidade intelectual, resultou beneficiaria dunha achega de 2 millóns de euros que a Xunta de Galicia lle concede para a creación dunha residencia de atención á discapacidade no Porriño. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada pola delegada territorial da Administración autonómica en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou hoxe as instalacións da asociación en Torneiros.
Máis dun centenar de axentes da Policía Local iniciaron hoxe o Camiño de Santiago dende O Porriño. Trátase dos alumnos e alumnas da décimo cuarta promoción de Policías Locais da Academia Galega de Seguridade Pública que, acompañados por profesores e a Xefa de Estudos da AGASP, Mónica Castro, completan o seu plan formativo con esta actividade.
A concellería de Parques, Xardíns e Limpeza, que dirixe José Carlos González, comezou xa os traballos de replantación do arboredo do casco urbano e Torneiros.
O Concello do Porriño vén de sacar a licitación o contrato de desbroces, limpeza e reperfilado de beiravías de todas as parroquias do municipio. Este servizo víñase prestando con contratacións puntuais que non permitían a correcta prestación do servizo e, durante anos se fixo sen contrato nin fiscalización algunha, o que foi obxecto de apertura de causa xudicial que a día de hoxe permanece en fase de instrucción.
O Porriño puxo onte o broche final aos festexos do Nadal 22-23 ao son das rondallas. Preto de mil rondalleiros e rondalleiras de dez agrupacións do Porriño, Mos, Tui, Nigrán e Gondomar puxeron en pé ao público que ateigou o pavillón municipal, que colgou o cartel de aforo completo.