Juan Carlos Giráldez, un exemplo de empatía e loita

A silicose volve a cobrarse a vida dun dos nosos. Esta fin de semana Juan Carlos Giráldez, presidente da Asociación de Afectados por Silicose Osilice Galicia deixábanos a causa desta enfermidade que nos arrebatou a tantas persoas no Porriño.

Carlos, de 54 anos de idade e veciño de Atios, foi un exemplo de empatía e loita que perdurará sempre. Tal e como relataba o vicepresidente de OSÍLICE e amigo de Carlos dende a infancia, Serafín Ramilo, "adicou gran parte da súa vida a atender a persoas que padecían esta enfermidade e se atopaban perdidos ou desorientados sen saber como afrontar o diagnóstico. Carlos entregouse a acompañar e apoiar á xente que como él loitaba contra a silicose". Con este fin, o de dar respaldo aos centos de afectados que había e hai no Porriño e na contorna, fundaron xuntos a asociación no ano 2013.

"Esta enfermidade marcou a súa vida e a da súa familia", explica Serafín, "Tres xeracións faleceron por esta causa, o seu avó, o seu pai e logo el, tal vez por iso cando enfermou decidiu adicar gran parte da súa vida a axudar aos demais, a loitar polos seus dereitos e guialos neste duro camiño. Dende que fundamos a asociación asesoraba a moita xente que contactaban con el a través da web de Osílice, non só do Porriño ou Galicia, senón de toda España".

“E todo ese traballo, como a el lle gustaría, debemos continualo para que as vindeiras xeracións non cometan os mesmos erros e poidan traballar co granito ou calquera outro material sin o risco de morir por esta enfermidade", concluíu Serafín.

Por iso, dende Osílice queren agradecer publicamente a Carlos todo o traballo, tempo, esforzo e adicación que deu aos demais ata o último momento, incluso cando xa lle fallaban as forzas, e materializar ese agradecemento dando continuidade ao seu traballo.

O alcalde, Alejandro Lorenzo ,no seu nome e no do pobo quere "agradecer a Juan Carlos o inmenso e desinteresado labor que fixo para e polos demais. Perdemos a un amigo, a unha persoa excepcional e a un exemplo de humanidade e loita". O rexedor quixo incidir na mensaxe dos seus compañeiros de OSÍLICE facendo unha chamada "a non deixar morrer o legado de Carlos xa que iniciou un camiño para mellorar a vida dos enfermos de silicose que agora nós debemos continuar ata o final".

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos