A Asociación Española Contra o Cancro, con motivo do día Mundial Contra o Cancro, lanza a iniciativa “TODOS CONTRA O CANCRO” para crear un movemento social e conseguir que 7 de cada 10 persoas sobrevivan ao cancro no ano 2030.
O estado impracticable no que se atopan as dúas pistas de pádel que o Concello do Porriño dispón nas inmediacións do polideportivo municipal fai que cada día os usuarios que rexistra sexan menos, ao que se lle une ademais un taxa pola súa utilización, que data en 2017.
No seu obxectivo de ter en óptimas condicións todos os parques infantís do municipio, o Concello do Porriño vén de presentar un proxecto construtivo de mellora destes espazos de lecer a través do cal se actuará en once deles, localizados no centro urbano e nas parroquias.
O Concello do Porriño acolle un evento de scalextric primeiro nivel, será da man do Slot Club Porriño, na súa sede localizada no número 2 da rúa Ourense. Trátase do Campionato Ibérico Legend organizado pola marca SRC. A competición celebrarase ao longo deste sábado, 4 de febereiro, e contará coa participación de máis de 40 pilotos procedentes de toda Galicia e do Norte de Portugal.
O Concello informa dun corte na rede de abastecemento de auga situada na Avenida de Galicia para realizar a reparación dunha avería. O servizo verase interrompido ata as 13:00 h.
O Concello do Porriño promove unha campaña de control da poboación felina en liberdade a través da cal se esterilizarán 120 gatos que forman parte das colonias controladas no municipio.
O Porriño vólcase un ano máis coa igualdade. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González, presentaron hoxe o inicio da programación anual baixo o lema “Da man da educación cara a igualdade”.
O Concello do Porriño, a través da concellería de Vías e Obras que dirixe Ramón Porto, comezou hoxe as obras de execución dun muro de contención de pedra en Lourido, na parroquia de Cans.
A concellería de Comercio do Concello do Porriño, que dirixe Antía Carrera, informou hoxe da ampliación dos días de mercado ambulante no Porriño. A petición dos vendedores, o Concello do Porriño suma unha nova data mensual de celebración do mercadiño. Será o primeiro domingo de cada mes e os postos instalaranse na mesma localización que o resto dos días, na rúa Leandro Diz.
A Biblioteca Municipal do Porriño, dependente da concellería de Cultura , rexistrou no 2022 o seu récord histórico de préstamos e un alto índice de participación nos seus servizos e actividades. Así o sinalan os datos contabilizados o pasado ano que, con 27.747 préstamos, rexistran un incremento dun 21%, situando á Biblioteca do Porriño á cabeza do ranking galego xunto ás grandes cidades.
O Concello do Porriño prepara xa o Entroido 2023 e vén de publicar as bases nos desfiles de comparsas que se celebrarán o sábado 18 de febreiro e martes 21 de febreiro.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Industria, Rosario Costas, visitou esta mañá o Centro Tecnolóxico AIMEN co obxectivo de coñecer as capacidades tecnolóxicas e proxectos máis destacados que está a desenvolver o centro na actualidade.