O Concello do Porriño inviste 228.000 euros na mellora integral de once parques infantís

No seu obxectivo de ter en óptimas condicións todos os parques infantís do municipio, o Concello do Porriño vén de presentar un proxecto construtivo de mellora destes espazos de lecer a través do cal se actuará en once deles, localizados no centro urbano e nas parroquias.

A día de hoxe, as actuacións, que suporán unha inversión de máis de 228.000 euros, con cargo ao Plan Concellos da Deputación Provincial, están en fase de licitación e os prazos determinan a súa execución nun prazo de seis meses.

“Somos conscientes de que a gran parte das 38 áreas de xogo infantís que están distribuídas por todo o termo municipal precisan ser acondicionadas, algunhas delas presentan un estado nefasto e lamentable, e así o faremos. Creáronse novos espazos como o da Praza da Alameda e anunciamos a reconversión doutros como o Parque Infantil na zona do antigo Campo da Feira, e agora con esta nova achega imos mellorar sete parques do casco urbano e outros catro en parroquias”, explica o alcalde Alejandro Lorenzo, á vez que remarca que “xa temos proxectos para acondicionar todos eles, unicamente estamos pendente da dotación orzamentaria correspondente, de aí que, a medida que vaiamos dispoñendo de recursos, sen dúbida investiremos nesta materia, porque manteño o meu compromiso de facer do Porriño unha auténtica cidade da infancia, e a mellora de parques infantís é unha prioridade”.

Os sete parques do centro da vila na que se acometerán limpezas, melloras e reparacións son o do Cristo, o do Matadoiro, o de Fontevella (Pío XXII), o do Camiño do Cando (fronte á Igrexa), o da urbanización O Sol, o de Lamazares e o do Campo da Feira. As actuacións a levar a cabo céntranse principalmente na reparación dos pavimentos coa colocación de céspede sintético en cinco deles, o arranxo de diferentes elementos ou partes destes (tobogáns, columpios, balancíns....) algúns dos cales serán substituídos por outros novos; axuste e fixación de pezas e elementos; limpeza e preparación de distintas superficies para posterior aplicación de pintura e verniz protector.

En Torneiros actuarase en dous parques, no da fase II e no da fase III. Alí tamén se acometerán reparacións e limpezas de diferentes elementos de xogo, así como o reemprazo de pezas novas, e a maiores tamén se arranxarán bancos. Ademais, no primeiro deles substituirase o actual pavimento coa colocación dunha capa de area e no segundo será preciso toda a retirada do pavimento existente e a disposición dun novo con instalación de céspede sintético.

Os outros dos parques que completan a lista son o da Escola Unitaria de Mosende e o de San Diego, na mesma parroquia. No da escola levarase a cabo unha recolocación dos elementos de xogo, que serán postos a punto; colocarase unha capa de area e procederase á retirada do peche perimetral para a instalación dun novo. No outro, ademais da reparación e limpeza das diferentes estruturas, demolerase o pavimento e realizarase un novo.

A superficie na que se actuará nestas sete áreas de xogos suman un total de 2.280 metros cadrados.

Con todo, dende o goberno municipal aseguran que estas actuacións se completarán con melloras en todos e cada un dos parques infantís de tódalas parroquias que se sufragarán con fondos propios.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos