almanaque-agricola-zz-i-premio-antonio-palacios-cultura.jpg
O Almanaque Agrícola ZZ, I Premio Antonio Palacios á Cultura
O Concello do Porriño anunciou hoxe o segundo dos galardóns desta primeira edición dos Premios Antonio Palacios, o tocante ao ámbito cultural.
porrigalia-2024-bases-banner-002.png
Aberto o prazo de inscrición para os desfiles de Porrigalia 2024
Porrigalia 2024 xa está en marcha. A celebración, organizada polo Concello do Porriño, terá lugar o venres 12 e o sábado 13 de xullo. O Porriño encherase de galos, romanos, castrexos, exipcios e gregos, que desfilarán polas rúas da vila e competirán nos seus populares xogos. 
curso-capacitacion-dixital-concello-porrino-2024.png
Curso gratuíto de Ofimática e Capacitación Dixital no Porriño
O Concello do Porriño organiza un curso de Ofimática e Capacitación Dixital. A acción formativa, de 30 horas de duración, está aberta a toda persoa interesada, con independencia do lugar de residencia, e é totalmente gratuito. Ademais, impartirase de forma presencial nas instalacións de Porremprego, en Torneiros, en dous horarios, de mañá e de tarde, para facilitar o acceso a todas as persoas interesadas en participar. 
estudiantes-fernandez-lopez-presentan-proposta-mellora-alcalde-porrino-002.jpg
Estudantes do Fernández López presentan unha proposta de mellora para O Porriño
Alumnos e alumnas de 6º de Primaria do CEIP Fernández López visitan a Casa Consistorial para rexistrar unha proposta de mellora para a veciñanza do Porriño, un traballo escolar que espertou o interese do alcalde, Alejandro Lorenzo.
i-premio-antonio-palacios-presentacion-.jpg
Xoxé Ramón Iglesias Veiga, I Premio Antonio Palacios de Honor
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela, e a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presentou hoxe a programación coa que o Concello do Porriño celebrará o centenario da súa Casa Consistorial, e o seu prato forte, a convocatoria da primeira edición dos Premios Antonio Palacios.
xornadas-eficiencia-enerxetica-2024-torneiros-porrino-banner.jpg
Xornadas de Eficiencia Enerxética en Torneiros
O Concello do Porriño, en colaboración coa Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, organiza as Xornadas de Eficiencia Enerxética no Centro Cultural Alba de Torneiros, o vindeiro mércores 12 ás 18:30 horas.
ix-triatlon-mini-concello-porrino-2024-ganadores.jpg
Preto de 40 nenos proclamáronse gañadores do IX Mini Tríatlon Concello do Porriño
A choiva non freou hoxe aos/as mini atletas do Porriño! Preto de 40 nenos/as de entre 4 e 10 anos disputaron hoxe a proba para cativos que abre o cada ano o Tríatlon Concello do Porriño.
ix-triatlon-concello-porrino-romaric-forques-natalia-castro-ganadores.jpg
Romaric Forques e Natalia Castro gañadores do IX Tríatlon Concello do Porriño
As condicións meteorolóxicas, coa choiva ameazando con irromper e un vento que facía especialmente complicado o tramo no río, fixeron que este IX Tríatlon Concello do Porriño se convertera dunha das edicións máis dura ata o momento.
campamento-veran-2024-concello-porrino-banner.jpg
O luns día 10 abre o prazo de inscrición para o campamento de verán 2024 do Concello do Porriño
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade, abre o prazo de inscrición o vindeiro luns día 10 de xuño para o “Campamento de verán 2024”, dirixido á cativada entre 3 e 12 anos cumpridos, para axudar a conciliación da vida persoal e laboral.
veronica-salgueirino-reivindica-aposta-investigacion-acienciacerta-porrino.jpg
Verónica Salgueiriño reivindica a aposta pola investigación, a educación pública e a igualdade na apertura de Acienciacerta
A segunda xornada da I Mostra de ciencias na rúa do Porriño ACIENCIACERTA arrancou hoxe co pregón da madriña, Verónica Salgueiriño Maceira.  “Verónica é a primeira muller científica homenaxeada, a primeira de moitas”, indicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “E a primeira tiña que ser, por suposto, unha porriñesa”.
50-aniversario-colexio-hermanos-quiroga.jpg
O colexio Hermanos Quiroga do Porriño celebra o seu 50º aniversario
Esta mañá conmemorouse o 50º aniversario do colexio Hermanos Quiroga, nun acto moi emotivo nas instalacións do centro. Ao evento asistiron o alcalde, Alejandro Lorenzo, xunto con membros do goberno municipal, a inspectora de Educación da zona, Rosalía Polo Cal, directores e representantes doutros centros educativos do Porriño, así como antigos profesores e alumnos.
concha-monje-rapazada-porrino-acienciacerta.jpg
Concha Monje descubre á rapazada do Porriño o poder transformador da ciencia
Chegou o día no que as rúas do Porriño enchéronse de ciencia! Esta mañá arracou ACIENCIACERTA, a I Mostra de ciencias na rúa/openscience, organizada polo Concello do Porriño co patrocinio de Zendal.