Curso gratuíto de Ofimática e Capacitación Dixital no Porriño

O Concello do Porriño organiza un curso de Ofimática e Capacitación Dixital. A acción formativa, de 30 horas de duración, está aberta a toda persoa interesada, con independencia do lugar de residencia, e é totalmente gratuito. Ademais, impartirase de forma presencial nas instalacións de Porremprego, en Torneiros, en dous horarios, de mañá e de tarde, para facilitar o acceso a todas as persoas interesadas en participar. 

As primeiras quedas serán do 17 ao 25 de xuño, e do 26 de xuño ao 4 de xullo. E está previsto que os cursos continúen en setembro ata principios de novembro. Os horarios serán de 9:30 a 13:50, para os cursos da mañá, e de 16:00 a 20:20, para os cursos de tarde. 

Aberto o prazo de inscrición

As prazas son limitadas e a inscrición pode facerse contactando directamente con Porremprego, ben presencialmente, chamando ao teléfono 986 33 82 17 ou enviando un correo electrónico a orientacion@porremprego.org, ou directamente no formulario do Curso de Ofimática e Capacitación Dixital

“Convidamos á cidadanía a aproveitar esta oportunidade de formación gratuíta, na que poder adquirir as competencias dixitais básicas tan necesarias para a vida cotiá e para o emprego das novas tecnoloxías”, declara Rosario Costas, concelleira de Emprego e Formación. O curso está financiado cos fondos Next Generation da Unión Europea a través do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática e no marco de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Terá lugar nas instalacións de Porremprego no Centro Multicentro de Torneiros.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria