Dentro da programación das Festas do Cristo, Maison Música e Danza organiza xunto co Concello do Porriño o SummerSon Jam, un concurso de batallas de bailes de todos os estilos que amenizarán aos locais e visitantes na praza do Arquitecto Antonio Palacios durante toda a xornada do sábado 28, a partir das 11 h. Xa pola noite, a veciñanza poderá gozar das actuacións de Rebeliom do Inframundo e Zur2djs, que pecharán o SummerSon Jam.
Esta tarde presentouse XXXI Festas dos Callos do Porriño que terá lugar o vindeiro domingo e está organizada por ACIPOR (Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño) e AHOSPOR (Asociación de Hostaleiros do Porriño) en colaboración da Concellería de Cultura. Como cada ano, a Festa dos Callos é o peche de ouro das Festas do Cristo.
O pavillón municipal de deportes do Porriño será a sede dos eventos centrais da Copa Xunta de Galicia Feminina de Baloncesto, organizados pola Federación Galega de Baloncesto e o Porriño Baloncesto Base (PBB) coa colaboración da Concellería de Deportes do Porriño. Trátase dunha doble final, xa que nesta 37ª edición haberá unha final Sénior e outra específica para os equipos de Liga Feminina 2.
O Porriño deu hoxe o pistoletazo de saída ás súas Festas do Cristo da man das súas centenarias, Fermina Fernández, Carmen Leiras, Bienvenida Estévez, Elvira Alonso e a pregoeira, Juana da Cruz, coñecida por todos como Juaniña.
O vindeiro luns, 23 de setembro, despois da misa solemne de campaña na Capela do Santísimo Cristo, dentro da programación das Festas do Cristo 2024, o alcalde Alejandro Lorenzo, en representación do pobo do Porriño, renderá homenaxe póstumo a dúas mulleres que durante décadas se ocuparon do cuidado da capela: Anunciación Dasilva Coto e Ramona Iglesias Miniño, coñecidas por “Nuncha” e “Moncha”. Os seus familiares recibirán da man de Lorenzo dúas placas conmemorativas en agradecemento o seu labor.
Esta mañá presentouse no Porriño a II Carreira de Empresas Galicia 2024 - XIII Interrunning, unha das probas únicas de Galicia e do noroeste peninsular, organizada polo Interrunning Club en colaboración co Concello do Porriño. Este evento deportivo, que conta con disciplinas para todas as idades e niveis, aglutinará a corredores de toda a Comunidade e norte de Portugal o domingo 6 de outubro.
O Porriño acollerá este sábado, 21 de setembro, unha nova edición dun dos eventos musicais estrela das Festas do Cristo: o Louro Valley Festival. O alcalde, Alejandro Lorenzo, xunto co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, a directora de Xuventude, Lara Meneses, e os djs participantes Groove Amigos e Khris Guez, desvelaron o cartel completo desta edición que promete superar o récord de asistencia da pasada edición.
As Festas do Cristo do Porriño van ser este ano máis inclusivas que nunca. Ademais das accións xa anunciadas, coma o pregón en lingua de signos, súmanse unhas mochilas vibratorias para persoas con discapacidade auditiva, prestadas polo Concello de Nigrán.
Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, que se conmemora o vindeiro sábado 21 de setembro, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), en colaboración coa concellería de Política Social do Porriño, achegou a asociación á veciñanza cunha mesa informativa sobre todos os recursos que hai no Porriño.
Tras o parón estival, a concellería de Sanidade do Concello de Porriño, en colaboración co Centro de Saúde, retoma as andainas saudables dirixidas a persoas maiores de 65 anos. Esta actividade, que tivo un gran éxito desde o seu inicio, volve co obxectivo de fomentar a actividade física e o envellecemento activo, ao mesmo tempo que contribúe a combatir o illamento social que afecta a moitos dos nosos maiores.
A noite do sábado 22 no Porriño é musical. O DJ Kiko Rivera será a cabeza de cartel do Louro Valley Festival 2024, un evento organizado polo Concello do Porriño que congrega aos mellores DJs de España, e que garantiza unha noite de baile e diversión para toda a veciñanza e visitantes. O Louro Valley é un dos tres festivais musicais das Festas do Cristo do Porriño, xunto co Negrita (música urbana) da pasado fin de semana, e o Montando Cristo (rock) o sábado 28 de setembro. Esta semana farase público o resto do cartel do festival.