DisCamino, pregoeiros de excepción da XXXI Festa dos Callos do Porriño

Esta tarde presentouse XXXI Festas dos Callos do Porriño que terá lugar o vindeiro domingo e está organizada por ACIPOR (Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño) e AHOSPOR (Asociación de Hostaleiros do Porriño) en colaboración da Concellería de Cultura. Como cada ano, a Festa dos Callos é o peche de ouro das Festas do Cristo.

A presentación desta edición estivo a cargo de membros da asociación DisCamino, que fixeron previamente o tramo do Camiño de Santiago Tui-Porriño en bicicleta. Paula, Ismael, Paco, Laura Diego, Ana -campioa do mundo de slalom en cadeira de rodas e trece veces campioa de España- cos seus copilotos e por suposto, Siti, a cadeliña do grupo que sempre os acompaña nos tramos, culminaron o tramo na praza do Arquitecto Antonio Palacios. O alcalde, Alejandro Lorenzo, sumouse ao grupo e completou o camiño con Bea como copiloto. A entrada no Porriño foi entre aplausos de ánimo e de admiración. Centos de veciños os agardaban aos pés do concello para escoitar o seu pregón e degustar xunto con eles/as unhas racións de callos. 

Entre a veciñanza estaban para recibilos a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, a Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Silvestre Balseiros e o deputado autonómico, Julio Comesaña. 

“Nunca lle digades a ninguén que non pode, nin deixedes que ninguén llo diga, pero, sobre todo, non permitades que ninguén pense iso de si mesmo”

Esta mensaxe de Javier Pitillas resume moi ben a labor de DisCamino, unha asociación que leva 15 anos facendo posible que 633 persoas con discapacidade teñan percorrido o Camiño de Santiago, ademais doutros camiños, como a volta á Península do ano pasado. Pitillas insiste na empatía e unidade do grupo, no que “tanto disfruta o guía como o que se deixa guiar” e anima a divulgar o labor da asociación para que ninguén se quede sen facer o Camiño de Santiago. “Os pilotos de DisCamino asegurámosvos que si axudades a alguén que necesite os vosos ollos ou as vosas mans, recibiredes 100 veces máis do que entreguedes e, seguramente, desde ese intre cambiedes a forma de ver a vida”, rematou Javier convidando a todo o mundo a disfrutar este domingo dunha boa ración de callos no Porriño.

Pola súa banda, o alcalde Alejandro Lorenzo, reiterou a súa “profunda admiración por todos e cada un de vós, e pola importante mensaxe que compartides co mundo en cada pedalada. Sodes esperanza e empuxe”. O rexedor, rematou anunciando que “o Concello do Porriño conseguirá dúas bicicletas para vós, para que cando viaxedes sintades o enorme cariño dun pobo que vos quere”

XXXI Festa dos Callos

Como non podía ser doutra maneira, a propia presentación foi unha representación en pequena escala da Festa dos Callos do domingo, na que os asistentes poideron gozar dunha degustación do prato preparado polos alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego.

O vindeiro domingo trinta locais do Porriño ofrecerán racións de callos a partir das 12:00 h, con pan e cazola por 7€, cada un coa súa propia receita e o seu toque especial, e incluso con opcións veganas.

Os callos poderánse degustar en: A Francachela, Amaquía, A Vinoteca, Argentino 2, Bar La Guía, Bolboreta Café, Casa di Mili, Churrasquería Pontenova, Cólleo con Pinzas, El Alambre del Abuelo, El Pincho, El Cincuentaicinco, Hamburguesería Fran, Hotel Parque, La Bendecida, La Bici, La Cueva, Liceum, Los Milagros, Maracaibo, Nómadas, Origen, Paso a Nivel, Restaurante Val da Louriña, Saspi, Scala, The Classic Coffe&Beer, Treinta y Tau, Xantar de Pepa e Zentral.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.