O piloto local Yago Martínez, orixinario de Atios, acudiu ó Concello do Porriño, acompañado do seu pai para tratar co concelleiro David Alonso e co xefe do servizo de Deportes, Julio Bernárdez a posible colaboración municipal con este xoven deportista.
O “Porriño Street Festival”, unha nova proposta lúdica que formaba parte da programación das Festas do Cristo, celebraráse finalmente mañá sábado 12 de outubro, entre as 10 da mañán e as 18 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios.Este evento tivo dous aprazamentos anteriores durante o mes de setembro polo mal tempo.
Mañá sábado terá lugar a segunda representación do ciclo de “Teatro para Adultos” coa función “Un hotel de primeira sobre o río” a cargo da compañía “Escoitade”. Este ciclo está promovido polo Concello do Porriño e enmarcado no Circuito Galego de Teatro Amador da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA).
Porriño foi a cuarta parada do proxecto cultural “Camiño a dentro/ O teu Xacobeo”, unha acción promocional que desenvolven Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia. Porriño acolleu hoxe unha das dez accións artísticas que se planificaron en distintos concellos polos que pasan o Camiño Portugués e o Camiño pola Costa.
Este mediodía realizouse o acto formal de entrega dos novos vehículos do parque móbil municipal ós diferentes servizos do Concello, dentro da operación de renovación que acometeu o goberno local.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Comercio, colaborou na primeira Pasarela de Moda "Porriño Fashion Night" celebrada o pasado sábado pola noite con notable presenza de público na praza Arquitecto Antonio Palacios.
O equipo do Porriño Baloncesto Base acadou unha meritoria victoria contra o Bulevar Ávila, por un claro 73/61 a favor do equipo local. Foi o arranque da tempada para os porriñeses que comezan a súa nova andaina na Liga EBA. E co alciente da estrea do novo aspecto da pista 2 do Polideportivo Municipal despois das obras de reforma realizadas.
O Goberno Municipal do Porriño nega categóricamente a existencia de calquera tipo de trato de favor con maxistrados, fiscais ou outros membros do Poder Xudicial que están a ser contratados para colaborar en actividades formativas deste Concello.
O Concello do Porriño garante que manterá con normalidade a recollida do lixo no termo municipal, a través da empresa concesionaria “Ascan” como ven de facer ó longo desta semana, a pesares dos problemas de indisponibilidade que afectan á planta de transferencia de “Sogama” ubicada no Polígono Industrial de A Granxa.
Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, e Lourdes Moure, concelleira de Seguridade asistirán maña sábado á primeira quenda de veciñas e veciños do concello que recibirán un curso de conducción segura, de xeito gratuito, e impartido por pilotos de rallys. Alcaldesa e concelleira entregarán diplomas acreditativos ós participantes cando rematen as clases prácticas, ó redor das 13 horas.
Catro pilotos de rally, entre eles Ivan Ares e José Pintor, campións de España en 2017, impartirán as súas ensinanzas este vindeiro sábado día 5 ós veciños e veciñas de Porriño que participan no curso gratuito de conducción segura. O curso “Conduce con xeito” é organizado polo Concello, a través da Concellería de Seguridade, e se financia cos cartos recaudados coas multas de tráfico.