A Biblioteca Municipal informa que segue aberta ainda a inscrición para participar no "Wiki Maratón" que se vai celebrar o vindeiro luns 4 de novembro.
Juana Pérez, presidenta da asociación de comerciantes porriñeses “ACIPOR”; os concelleiros Sergio Casal e David Alonso, en representación do goberno municipal e media duzia de hostaleiros en representación dos 36 que participarán, protagonizaron hoxe a presentación do XIV Pinchorriño que comeza pasado mañá venres 1 de novembro.
Hoxe rematou o curso que toda a plantilla da Policía Local de O Porriño ten recibido nestes días para mellorar os seus coñecementos en primeiros auxilios, O curso foi impartido por persoal de 061.
O concelleiro David Alonso, en representación do goberno municipal, e Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta, asistiron á función final do ciclo de teatro para adultos.
Vinte asuntos conforman a orde do día do vindeiro pleno ordinario da Corporación Local de O Porriño que se celebrará o mércores 30 de novembro, a partires das 18 horas. Entre os asuntos que se levan a pleno municipal figura o pago de facturas a proveedores e por servizos por un importe global de preto de 2.700.000 euros.Por outra banda o pleno deberá elixir os representantes do Concello de O Porriño na nova comisión especial de deslinde co Concello de Mos. O PP non contestou ó requerimento de Secretaria nin realizou proposta alguna de xeito que os representantes de O Porriño serán Eva García (PSOE), Pedro Ocampo (EU Son), Pedro Pereira (BNG) e Manuel Carrera (UDDL), que deberán ser ratificados polo pleno corporativo.
A programación cultural do Concello do Porriño do mes de outubro rematará coa sesión da Contateca que albergará o vindeiro xoves 31 unha función chamada "Contacontos interactivo en inglés".
Persoal e maquinaria da concesionaria “Ascan” co apoio de funcionarios e técnicos municipais realizan hoxe a tala de outras catro árbores do Parque do Cristo que presentaban risco de derrubarse.
O Concello de O Porriño procederá a retirar a simboloxía franquista da Igrexa de Santa María unha vez que reciba autorización da Comisión Provincial de Patrimonio. O Concello instou ese permiso ó tempo que tamén solicitou autorización para limpar a fachada da pintura rosa que fora arroxada o pasado 18 de xullo. A limpeza da fachada efectuaráse con vapor seco, segundo require a Xunta de Galicia da que depende Patrimonio.
Eva García, alcaldesa de O Porriño solicitará á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia unha entrevista para abordar a inminente cesión ó Concello do tramo da N-120 ó seu paso por Cans, unha vez que o Ministerio de Fomento manifestou por carta a súa disposición de “abordarla satisfactoriamente”.
Marta Costas, presidenta del CD Pontellas mantivo hoxe na Alcaldía unha reunión con Eva García e co concelleiro de Deportes, David Alonso. A directiva solicitou axuda económica e loxística do Concello para afrontar a histórica participación do CD Pontellas na Copa do Rei. O equipo local deberá xogar unha eliminatoria a partido único o vindeiro 13 de novembro contra o Tolosa.
Eva García, alcaldesa de O Porriño convocou para este xoves 24, de tarde, tres comisións municipais que deberán informar diversos asuntos para o vindeiro pleno da Corporación Local.
David Alonso, concelleiro de Deportes anunciou hoxe que o Concello subvencionará cunha achega de 3.000 euros anuais ó piloto porriñés Yago Martínez, campeón de España de motocross sub 18.