Lourdes Moure, concelleira de Educación representou ó Concello no acto central do Día Europeo dos Minerais que se celebrou en Porriño, na canteira da firma "Blockdegal".
Trinta e sete establecementos de hostalería de Porriño participarán finalmente o vindeiro domingo na XXVI edición da Festa dos Callos. O certame é o principal evento gastronómico do ano en Porriño e constitue un dos principais reclamos dos festexos do Cristo que rematarán ese día 29.
Hoxe a alcaldesa Eva García firmou a convocatoria do pleno ordinario de setembro que a Corporación Municipal celebrará o vindeiro mércores día 25, as 18 horas, do que adxuntamos a orde do día.
O concelleiro David Alonso, responsable da organización das Festas do Cristo 2019, ven de comunicar unha serie de decisións relativas a diferentes eventos ante as previsións de choiva e mal tempo para mañá.
O Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) anunciou hoxe á alcaldesa Eva García que licitará antes de decembro a redacción do proxecto constructivo para suprimir o perigoso paso a nivel existente no centro do Porriño.
Esta mañan a alcaldesa Eva García firmou e comunicouse a convocatoria da Comisión Municipal previa ó Pleno da Corporación Local de Porriño. A comisión informativa convocada é a de Parques, Xardíns, Limpeza, Industria e Mercados. Reuniráse o venres 20, ás 19 horas.
O Concello do Porriño revirte os cartos das multas de tráfico para financiar o curso de conducción segura que se presentou cos pilotos Ivan Ares, José Pintor e David Gónzalez