Pablo Estévez consegue o seu 5º título de "Mellor enólogo de viños xoves de España"

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibe na Casa Consistorial a Pablo Estévez, o veciño de Atios que obtivo por 5ª vez o recoñecemento como “Mellor enólogo de viños xoves de España” dos Premios Baco, un certame organizado pola Unión Española de Catadores (UEC) que distingue aos mellores viños do país. 

É a quinta ocasión nos últimos seis anos na que Estévez recibe este prestigioso premio da UEC. Este ano participou con cinco viños, que o fixeron gañar o Gran Baco de ouro: Alma Gaia Vintage 2023 (que obtivo o Gran Baco de Ouro á Mellor marca), Eido da Fonte, Terras do Abelán, Bodegas Petrón e Canción de Elisa.

Nos últimos sete anos fíxose con máis de cen recoñecementos nacionais e internacionais anuais, entre os que salientan os dous recoñecementos -Ramón do Casar e Atelleira Godello- como Mellor viño branco do Premio Especial Alimento de España, que otorga o Ministerio de Agricultura.

Pablo Estévez compartiu co rexedor algunhas anécdotas e algúns consellos na elaboración do viño, no que inflúen moitos factores, pero só algúns son controlables. A anticipación, a adaptación ás circunstancias e a axilidade de resposta, poden determinar a calidade dun viño. Estévez busca a continuidade, que a unha persoa lle siga gustando a mesma marca ano tras ano. Iso é algo díficil de conseguir, porque cada ano as variables cambian. O que ten claro é que cada viño ten que expresarse dacordo á súa localización, as súas variedades e tamén tendo en conta a filosofía da bodega.

Unha vida adicada ao viño

Estévez, nado en Alemania debido á emigración, ten as súas raíces no Ribeiro e Valdeorras. A súa paixón polo mundo vinícola ven contaxiada polos seus avós, viticultores, e aínda que intentou seguir camiños diferentes, finalmente decantouse por estudar Enxeñería Agrícola. Especializouse en Enoloxía e dende hai máis de 25 anos colabora con diferentes bodegas galegas, grandes e pequenas, para conseguir os mellores resultados. 

É un home que se adapta facilmente ás circunstancias, e iso lle permite traballar con bodegas moi dispares en cuestión de obxectivos empresariais, porque Estévez ten o foco no que se demanda, e pode adaptar o producto final ao que se aspira, ben sexa unha maior rotación ou unha maior marxe por botella. 

“É un orgullo contar con veciños tan profesionais como Pablo, con premios nacionais e internacionais, e irradiando humildade. Estamos encantados de celebrar con él todos os seus logros”, comenta Alejandro Lorenzo.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria