Oswaldo Digón abre este xoves o ciclo de monólogos das Festas do Cristo

As noites de humor regresan ao Porriño polas Festas do Cristo. Seis grandes monologuistas daranse cita na praza Arquitecto Palacios este mes de setembro para facer as delicias dos amantes da comedia. Como sempre, a entrada é gratuíta, so hai que achegarse á praza con ganas de pasalo ben.

Oswaldo Digón, con “Outra Movida!”

Inaugura este ciclo o actor e guionista galego Oswaldo Digón  co seu monólogo “Outra movida!”, que recompila contos sobre a súa disparatada vida.  Será o xoves 5 de setembro ás 20:30 h (no caso de choiva trasladarase ao Centro Cultural Muncipal).

Oswaldo Digón Comezou a súa carreira como contacontos e máis adiante traballou como actor de teatro profesional. Foi guionista dos programas de humor “Tourilandia” e “A Casa da Conexa” para a TVG, pero destaca máis o seu paso polos escenarios coa realización de espectáculos como “Los duguis World Tour”, “HAIPOD”, “Las noches de Monólogos 10” e “Las noches de El club de la Comedia”. No 2003 gañou o concurso de comedia Fórum Comedia co espectáculo escrito e interpretado por el mesmo “Historias da miña Historia”, co que estivo dúas tempadas no Teatreneu de Barcelona.

Noites de comedia

O mércores 11 de setembro ás 20 h será a quenda do porriñés, Damián Alonso e o seu monólogo sobre diversidade e igualdade,  “Ler o prospecto antes de…”. O seguinte en coller o micro será Víctor Grande, o xoves 12 de setembro ás 20 h,  con “A vida pasa voando”, un espectáculo de monólogos de humor e cancións satíricas no que o cómico fala das súas experiencias vitais axudado pola súa guitarra.

Leti da Taberna chegará o venres 13 de setembro ás 20 h co seu primeiro monólogo, “Enredada”, no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como inflúen no noso día a día. A seguinte será outra muller, Arantxa Treus co seu monólogo “Sexo débil, o carallo!”, un show de comedia no que se abordan cuestións como a sexualidade feminina, as relacións de parella, ou as esixencias estéticas que sofren as mulleres. Será o xoves 19 de setembro ás 20 h.

Darío Mares pechará o ciclo o mércores 25 de setembro ás 20 h con “Haberá que rirse”, con moitas e reflexións que non deixarán a ninguén indiferente.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.