O vindeiro luns 2, estrea das novas máquinas no ximnasio do Polideportivo Municipal

O concelleiro, David Alonso e Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes comprobaron esta mañán as oito novas máquinas instaladas no ximnasio do Pavillón Municipal de Porriño. A estrea realizaráse o vindeiro luns 2 de setembro. O Concello de Porriño ven de investir 18.000 € na adquisición destas máquinas e diverso material deportivo para os usuarios destas instalacións.O concelleiro de Deportes indicou que as catro máquinas que se retiran serán cedidas a diversos clubs da vila.

Por outra banda durante a visita ás instalacións, o concelleiro comprobou as melloras que se están a implementar na piscina municipal cun investimento de 30.000 euros. A maiores o concelleiro agarda iniciar de inmediato as obras de impermeabilización nos voladizos da entrada á piscina que están valorados en 40.000 €.

Asimismo a partires do luns o concelleiro agarda que se poidan acometer as tarefas pendentes de lixado, pulido e barnizado que mediante tres quendas de traballo rematarían en dúas semanas. Durante eses quince días acometeriase primeiramente a pista 2 e logo a pista 1, axustando as labouras cos calendarios dos equipos de balonmán e baloncesto. O investimento para estas obras será de 48.000 €.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos