O "si quero" bate récords no Porriño: 15 vodas en 15 días

O Porriño, 19 de xullo de 2025.- O Porriño vive un auténtico auxe no número de vodas civís, converténdose nun dos municipios máis demandados da provincia para celebrar enlaces matrimoniais. O alcalde, Alejandro Lorenzo, é parte fundamental deste fenómeno, acumulando cifras históricas na oficiación de cerimonias e vén de superar a súa propia marca de cerimonias celebradas en tempo récord.

Se no ano 2023 xa sorprendera oficiando seis vodas en menos de oito horas, nesta ocasión oficiou sete casamentos en 24 horas, o que supuxo un reto importante, xa que entre varias das cerimonias había moi pouca diferenza horaria. Por exemplo, este sábado tivo seis vodas en apenas cinco horas, o que supuxo un desafío para chegar puntual a todas, xa que foron en lugares diferentes. “Foron 24 horas intensas, pero moi gratificantes. Cada voda é distinta e emocionante. Que tantas parellas confíen en min para acompañalas nun momento tan especial é un orgullo persoal e institucional”, explicou Alejandro Lorenzo.

Desde que asumiu a Alcaldía en 2022, Lorenzo oficiou centos de vodas e cada vez con máis intensidade, cunha media anual que ronda o centenar. Oito vodas oficiadas esta fin de semana e o calendario non afrouxa: nestes quince días vai sumar quince cerimonias civís.

O rexedor lembra que leva oficiando vodas desde 2007 como concelleiro, pero foi a partir da súa chegada á Alcaldía cando a demanda se multiplicou. Esta tendencia tamén se explica por medidas adoptadas polo propio goberno local.

Casarse no Porriño está de moda e mesmo hai parellas que escollen o municipio para renovar os seus votos. Ademais das vodas oficiais, en numerosas ocasións tamén se celebran aniversarios de matrimonio como as vodas de prata ou de ouro, para os que tamén se solicita a súa presenza para presidilos.

Casarse en Porriño é sinxelo e gratuíto

En 2022, o Concello aprobou a supresión da taxa de 100 euros por oficiar vodas, o que facilitou o acceso a este servizo a todas as parellas. Desde entón, o número de expedientes tramitados non deixou de medrar.

“Cremos nunha administración próxima, útil e que acompañe á veciñanza nos momentos importantes da vida. Casarse no teu Concello, co teu alcalde, sen barreiras nin taxas, é unha mostra máis dese compromiso”, apuntou o rexedor.

Actualmente, as cerimonias realízanse na Casa Consistorial ou noutros espazos elixidos polas parellas, como o Templete de San Luis. Hoxe, dúas parellas escolleron este entorno único para dar o “si quero”. O alcalde tamén se despraza ás propias vivendas dos noivos para oficiar os casamentos cun único obxectivo: "compartir a felicidade con eles e coas súas familias” porque, como sempre di Alejandro Lorenzo, "a felicidade non consiste en facer o que un quere, senón en querer o que un fai”.

O Porriño segue así avanzando como referente no ámbito social e institucional, ofrecendo un servizo público de calidade e próximo á cidadanía.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.