O Porriño vive o Samaín cun túnel do terror, exposición de cabazas e un espectáculo performance

Máis de 450 calacús feitos por escolares decorarán as rúas e comercios; o pavillón 2 converterase nun escenario de medo e diversión para nenos e maiores e Pablo Méndez protagonizará un desfile temático de Halloween

O Porriño, 24 de outubro de 2025.- O Concello do Porriño ten preparada unha xornada de medo, diversión e espectáculo para festexar o Samaín, o vindeiro venres 31 de outubro. “O Samaín é moito máis que unha festa, é unha oportunidade para poñer en valor a creatividade do noso alumnado, a participación das familias e o dinamismo das nosas rúas. Este ano presentamos tres propostas moi especiais: a xa tradicional exposición das cabazas decoradas polos escolares do municipio, o túnel do terror instalado na Casa Consistorial, como moitos sustos para pequenos e maiores, e o desfile performance de Pablo Méndez, que levará o espectáculo e a fantasía ao corazón da vila. O Samaín é xa unha tradición consolidada e unha mostra da forza cultural e participativa do noso concello”.

A través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e da Concellería de Educación do Concello do Porriño convidouse ao alumnado de Educación Primaria dos colexios do Porriño, Aceesca e á asociación Afaga, a participar na decoración de calacús, tal e como se vén facendo nestes últimos anos co motivo do Samaín. Con temática e material decorativo libres, sen restricións técnicas nin materiais, presentáronse un total de 454 cabazas, en cuxa decoración participaron 857 estudantes

As cabazas estarán expostas dende a tarde do vindeiro xoves día 30  nos escaparates e entradas dos comercios colaboradores, así como na casa consistorial e nos soportais da zona peonil.

O día grande da festa será o venres 31. Pola tarde iniciarase o túnel do terror cun percorrido contará con dous pases diferenciados: un primeiro para público infantil, de 17.00 a 19.45 horas, con ambientación máis lixeira e adaptada aos máis pequenos da casa, e outro para público adulto, de 20.15 a 22.00 horas, cun nivel de intensidade maior e sorpresas reservadas para os máis valentes.

O túnel do terror, unha das actividades máis agardadas do Samaín porriñés, instalarase no pavillón 2, que se converterá nun auténtico escenario de medo e diversión, con decoracións temáticas, iluminación especial, sons arrepiantes e múltiples sustos preparados polo equipo organizador.

E ás 20.00 horas, no mesmo lugar, desfile espectáculo de Pablo Méndez temático de Halloween. Mostrarase unha performance visual, teatral e chea de personaxes caracterizadas, música e acenos típicos do Samaín. A actividade busca ofrecer unha experiencia inmersiva e divertida, combinando imaxinación, teatro e ambientación escénica para que todos e todas poidan vivir o Samaín dun xeito diferente e participativo.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.