O Porriño solicita unha subvención para renovar o alumbrado público da urbanización de Torneiros

O Concello do Porriño vén de solicitar unha subvención de  32.000.00 euros para a sustitución das luminarias do alumeado público das zonas peonís existentes nas denominadas Fases I e IV da urbanización de Torneiros por luminarias LED co fin de acadar un aforro enerxético e unha mellora na seguridade do tráfico de vehículo e peóns.

A execución deste proxecto ascende a 48.286,24 euros. En caso de recibir a subvención por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cuxo importe sería financiado sería con cargo as subvencións da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2025, o Concello asumiría os 16.286,24 euros con cargo a fondos propios.

Con esta actuación, o Concello do Porriño busca mellorar a seguridade viaria e a calidade do servizo de alumbrado público, adaptándoo ás necesidades reais da cidadanía; optimizar os niveis de iluminación, garantindo unha correcta visibilidade e contribuido a seguridade cidadá; incrementar a eficiencia energética do sistema de alumbrado, substituíndo equipos obsoletos por tecnoloxías de baixo consumo; reducir os custos operativos asociados tanto ao consumo eléctrico como ás tarefas de mantemento preventivo e correctivo; contribuír á mellora medioambiental mediante a succión da contaminación lumínica e a optimización do uso dos recursos naturais; e fomentar a sensibilización ambiental da poboación, promovendo actitudes responsables en materia de eficiencia energética e  conservación ambiental.

Con esta reforma conseguirase reducir significativamente o consumo eléctrico asociado á iluminación pública; diminuír a emisión de gases de efecto invernadoiro ao substituír o consumo de enerxía fósil por tecnoloxías eficientes; mellorar a seguridade cidadá, ao garantir unha iluminación pública eficiente e adaptada ás necesidades do entorno urbano; e contribuir á mellora da calidade de vida, proporcionando espazos públicos mellor iluminados e máis seguros.

A renovación do alumbrado público nas fases I e IV da urbanización de Torneiros representa unha intervención estratéxica que responde ás directrices do Fondo de Compensación Ambiental 2025 e ás prioridades do Concello de O Porriño en materia de eficiencia enerxética, sostibilidade e mellora da calidade de vida da cidadanía. Esta actuación permitirá modernizar unha infraestrutura esencial, mellorar o servizo prestado á veciñanza, optimizar os recursos públicos e contribuír de forma efectiva á conservación do medio ambiente e á mitigación do cambio climático, consolidando un modelo de xestión municipal sostible e responsable.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria