O Porriño reforza a súa aposta polo deporte con 500.000 euros en axudas directas aos clubs

O Concello do Porriño continúa apostando de maneira firme polo fomento do deporte e o fortalecemento do tecido deportivo. En total, a administración local destina este ano 2 millóns de euros do orzamento municipal a promover a actividade deportiva, cunha énfase especial no deporte base e a organización de eventos de primeiro nivel.

Un dos puntos crave desta aposta é a concesión de preto de 500.000 euros en axudas directas aos clubs deportivos. Este importe supón un incremento de 50.000 euros respecto ao ano anterior.

Estas subvencións benefician a un total de 15 entidades de diversas modalidades deportivas. Neste sentido, destacan dúas novas subvencións directas: a Asociación Deportiva A Forna, organizadora do Budiño Raid, recibe unha axuda de 5.000 euros, e o Club Master Louriña obtén 15.000 euros para as súas actividades. Ademais, outras axudas xa existentes aumentan nun 20% para o Patín Porriño, un 10% para o Porriño Industrial FC, un 10% para a Unión Deportiva Atios e tamén un 10% para a Escudería Rías Baixas, organizadora do recoñecido Rallye Rías Baixas.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, subliñou a importancia destes investimentos, destacando que "o deporte é unha peza crave para o desenvolvemento do Porriño, non só en termos de saúde e benestar, senón tamén como motor de integración social e promoción do noso pobo. Con este importante investimento, reafirmamos o noso compromiso cos clubs deportivos, apoiando o seu traballo e axudando a consolidar o Porriño como un referente no deporte a nivel nacional".

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, quixo resaltar o papel fundamental que desempeñan, "os clubs deportivos de Porriño son o corazón do noso deporte base, e é a nosa responsabilidade darlles o apoio que merecen. Grazas a este aumento nas axudas, buscamos que os nosos deportistas, adestradores e entidades poidan seguir crecendo, e que os eventos que organizan sigan sendo un referente en Galicia e máis aló".

Con máis de 2.500 licenzas deportivas nunha poboación de pouco máis de 20.000 habitantes, Porriño demostra ser un municipio cunha forte vocación deportiva, abarcando disciplinas de todo tipo e con representación en competicións nacionais.

O compromiso do Concello non se limita só ás axudas aos clubs deportivos, senón que tamén se estende á promoción cultural, veciñal e asociativa. En total, destina preto de 800.000 euros en axudas directas a asociacións culturais, veciñais e deportivas.

O rexedor concluíu destacando que “O Porriño é un exemplo claro do que pode lograrse cando se aposta polo deporte como parte da educación e o benestar. Seguiremos traballando para que todos os nosos deportistas, desde os máis pequenos ata os máis experimentados, sigan gozando de oportunidades para crecer e destacar nas disciplinas que elixan sen ter saír do seu pobo”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria