O Porriño presenta a programación do 8M baixo o lema “8M, 365 DÍAS”

O Concello do Porriño, a través da Concellaría de Igualdade, presentou hoxe na Casa Consistorial a programación de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller. Baixo o lema “8M, 365 días”, o programa deste ano pon o foco na necesidade de reivindicar os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero non só cada 8 de marzo, senón todos os días do ano.

O acto de presentación contou coa participación do alcalde do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo Alonso, e da concelleira de Igualdade e Educación, Carolina González Costas, que destacaron a importancia de seguir traballando en políticas de igualdade e na visibilización das mulleres.

“O 8M é un día simbólico, pero a loita pola igualdade é diaria. Con esta programación queremos poñer en valor o papel das mulleres do noso concello, da nosa historia e da nosa cultura”, sinalou o alcalde. “Queremos que O Porriño sexa un referente na loita feminista, e iso conséguese coa implicación de todas e todos”, engadiu.

Pola súa banda, a concelleira Carolina González Costas destacou a diversidade das actividades programadas: “Esta programación quere chegar a todas as idades e sectores da poboación, desde a infancia ata as persoas maiores. Apostamos por actividades culturais, educativas e de lecer que poñan en valor ás mulleres e a súa historia”.

Programación 8M 2025

Sábado 8

Ás 12:00 horas: Instalación do Punto Violeta na Praza do Concello e presentación do libro “Corpo Nómade”, de Tere Ríos Noya, acompañada dun recital poético con música de guitarra.

Ás 12:15 horas: Lectura do manifesto do 8M, seguida do reparto de rosas moradas entre as mulleres presentes.

Ás 12:30 horas: Proxección dunha video reportaxe conmemorativa do 8M.

Xoves 13

Ás 17:00 horas: Xogos tradicionais con enfoque de xénero para a cativada: Xogos de Sororas. Unha proposta lúdica para fomentar a igualdade a través de xogos populares e tradicionais, incluíndo o xogo SororAs na Memoria, que permitirá coñecer mulleres galegas clave na historia.

Venres 14

Ás 19:30 horas: Concerto de LAW, quen traerá ao Porriño un dos seus recoñecidos “rituais de barrio”, mesturando reggae, r&b, psytrance e música tradicional galega, para reivindicar a igualdade a través da música e celebrar o papel das mulleres artistas na historia.

Actividade educativa: “Banco da Igualdade”

Ademais da programación aberta ao público, a Concellaría de Igualdade, en colaboración coa OMIX, desenvolverá a actividade “Banco da Igualdade” nos centros educativos do concello. Cada centro participante recibirá un banco de madeira e pintura púrpura, co obxectivo de que o alumnado o decore con frases inspiradoras sobre igualdade, respecto, tolerancia e apoderamento das mulleres.

“Esta actividade é unha forma de implicar á infancia e mocidade na reflexión sobre a igualdade, promovendo ao mesmo tempo o uso do galego e a creatividade”, explicou Carolina González Costas.

O Concello do Porriño anima á veciñanza a participar activamente nos actos programados, co convencemento de que a igualdade real e efectiva constrúese coa implicación de toda a sociedade, día a día.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria